|
Xoves, 26 Agosto 2010 21:55 |
|
Coincidindo coa VII Edición do Kernel 2010, a Asociación Comunidade O Zulo, organiza un mercado onde se poderá trocar ou vender material tecnolóxico, e que terá lugar o día 18 de setembro de 2010 na Casa da Cultura do Concello de Mugardos.
A inscrición é gratuita, e pódese atopar máis información en MercadoKernel. Ler 0 comentarios... |
|
Luns, 23 Agosto 2010 15:05 |
|
Despois das festas do San Roque en Melide, continuamos con dúas xornadas máis dos Obradoiros de Verán 2010.
Os próximos días 25 e 26 de agosto, Melisa organizará as IV e V Xornadas, cos seguintes contidos:
- Programa de capacitación básica en Software Libre, cos seguintes obxectivos:
- Proveer dos fundamentos da filosofía e da ética do software libre á audiencia, como tamén dos diferentes beneficios que existen ó empregar este tipo de software.
- Proveer dos coñecementos básicos tanto na instalación de software libre, como no uso de diferentes tipos de aplicacións, nas áreas de ofimática, internet e multimedia.
- Proveer de coñecementos básicos na configuración e xestión de sistemas GNU/Linux.
Os obradoiros son gratuitos e abertos a todo tipo de público.
Terán lugar na Cervexería de A Fundación, con horario de 10:30 a 13:00. Ler 1 comentarios... |
|
Sábado, 14 Agosto 2010 12:40 |
|
O pasado venres, 13 de agosto, tivo lugar a última xornada dos Obradoiros de verán, organizados por Melisa.
Nesta xornada, os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer fundamentos básicos para iniciarse no mundo da Robótica. Jorge Lama fixo unha pequena exposición dos conceptos máis importantes para poder entender o funcionamento dun robot. E a continuación, levouse a cabo unha demostración práctica da programación e posta en marcha dun robot baseado en Arduino. Os participantes desta xornada quedaron sorprendidos pola sinxeleza do sistema, e foron capaces de modificar certos aspectos no comportamento do robot, tan só con saber uns poucos conceptos, e a pesar de ser a súa primeira toma de contacto con este tipo de tecnoloxía. Un robot baseado en Arduino pódese programar para que tome decisións en base ós datos que poida ir recollendo dos seus sensores. Un dos mostrados foi o proxecto que implementa un "quadcoptero".
Dende Melisa agradecemos a colaboración e interés mostrado polos asistentes, e agardamos preparar algunha xornada adicional unha vez pasadas as festas do San Roque.
Estade atentos á nosa web, onde iremos informando das nosas próximas actividades.
Ler 0 comentarios... |
|
Xoves, 12 Agosto 2010 20:40 |
|
Este pasado xoves, 12 de agosto, celebrouse no edificio multiusos de Melide, a segunda xornada dos Obradoiros de verán.
Rafael Rodríguez, Enxeñeiro en Informática e presidente de Melisa, foi o encargado de expoñer nunha breve charla, os pasos a levar a cabo para poder facer unha instalación dun sistema operativo nun ordenador persoal. Conceptos como particións, formato, orde de arranque, ou as diferenzas entre os diferentes sistemas operativos foron algún dos temas que se puideron ver nesta segunda xornada. Asemesmo, fixose unha exposición de diferentes versións de GNU/Linux, adaptadas a portátiles 'netbook', ou con fins especiais, como poden ser as destinadas ó entorno educativo.
A resposta por parte dos participantes foi moi positiva, realizando moitas preguntas, e tratando de aclarar todas aquelas dúbidas que foron surxindo respecto ós temas expostos.
Dende Melisa, agradecemos moito a participación dos asistentes, e seguimos a animar a todas aquelas persoas interesadas, a asistir á nosa terceira xornada que terá lugar o próximo venres, 13 de agosto, onde se fará unha introducción á robótica, e ó manexo de Arduino.
Ler 0 comentarios... |
|