10 motivos para usar software libre na empresa – Custo

tuxeuros9. Custo

Á hora de facer números do que nos custa a nosa aplicación privativa, debemos ter en conta tamén os gastos ‘colaterais’. Polo simple feito de usar aplicacións non seguras, debemos ter o noso sistema protexido con medidas adicionais, é dicir, con antivirus, devasas, antimalware, etc., que non só teñen un custo económico, senón que ao final tamén temos que sumar as posibles perdas de tempo ante fallos no sistema. Tempo, durante o cal non poderemos desenvolver a nosa actividade laboral en condicións normais.

Cando por outro lado, dispoñemos da posibilidade de usar un software que nos ofrece as vantaxes como as que vimos en anteriores artigos, e que o seu modelo está baseado nos servizos, podemos facer facilmente unha comparativa xusta para ver que tipo de software é mais axeitado para a nosa empresa.

Teña en conta que o software privativo oculta moitos custos dos que ningún vendedor lle vai a falar deles. O software privativo cústalle moito máis á empresa do que o empresario probablemente saiba.

 

Be Sociable, Share!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *