10 motivos para usar software libre na empresa – Opcións de soporte

soporte8. Opcións de soporte

O software libre permite a competencia en igualdade de condicións entre diferentes empresas de soporte. Cando a nosa empresa utiliza software libre non ten porque estar ‘atada’ a un único provedor de soporte técnico. Cousa, que por outro lado, non é así no mundo do software privativo. Onde non temos máis remedio que seguir as pautas que nos marca a ‘única’ empresa que nos pode ofrecer soporte técnico para a nosa aplicación.

Dado que os ingresos das empresa de soporte baixo código aberto, proveñen case de forma exclusiva deste tipo de actividade, podemos pensar que o seu traballo será moito mellor que o daquelas outras que basean o seu modelo na venta de licenzas.

Tamén é posible contar coa axuda das diferentes comunidades de usuarios que existen arredor das aplicacións libres. Por exemplo, as diferentes distribucións de GNU/Linux teñen unha excelente documentación, foros, listas de correo, blogues, wikis, etc.

Cando teñamos que decidir a compra dun determinado software para a nosa empresa, fagámonos a seguinte pregunta: ¿que ocorrería se a empresa subministradora desa aplicación desaparece?.

 

Be Sociable, Share!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *