10 motivos para usar software libre na empresa – Personalización

tunning

3. Personalización

Cando utilizo unha aplicación que me permite o acceso ao seu código fonte, podo cambiar parte dese código para que faga as tarefas que eu preciso. Se non teño os coñecementos, podo contratar a alguén para que o faga por min. Por suposto, non intente facer esto mesmo co software privativo !.

Desta forma podemos conseguir para a nosa empresa aquelo que nunca estivo ao alcance das pequenas empresas, que é ter unha aplicación adaptada ás nosas necesidades. Ata agora era a nosa empresa a que tiña que adpatarse á forma de traballar da aplicación privativa.

Só as grandes empresas eran capaces ata agora de soportar os custos de desenvolver unha aplicación a medida que fixera aquelo que se precisaba. Pero eso xa non é así grazas ao software libre. Calquera organización pode ter acceso a aplicacións de código aberto e solicitar un orzamento para que se fagan os cambios necesarios para que a aplicación faga aquelo que realmente necesitamos.

 

Be Sociable, Share!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *