10 motivos para usar software libre na empresa – Probar antes de comprar

demo10. Probar antes de comprar

Ao igual que facemos cando queremos comprar uns zapatos, seguro que a moitos empresarios lles gustaría probar o seu software antes de compralo. Pois isto é posible nas aplicacións de software libre, e o poderemos facer dunha maneira completa, é dicir, sen limitacións no seu uso, como as que soen ter as versións demo do software privativo.

Se estamos a falar de sistemas operativos, temos a opción de usar unha versión en formato LiveCD, para ver como sería a súa execución nos nosos equipos informáticos. Existen moitas distribucións de GNU/Linux que contemplan este formato, por exemplo, Ubuntu.

Con este último artigo chegamos ao final desta serie de publicacións coas que pretendemos aclarar algunhas das dubidas que poidan ter os empresarios para atreverse a dar o paso de integrar software libre na súa empresa. Agardamos que haxan sido de utilidade, e recordade que estamos á vosa disposición para responder ás vosas  cuestións, e que proximamente faremos actividades a prol da difusión do software libre dentro da empresa.

Be Sociable, Share!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *