10 motivos para usar software libre na empresa

teclado_candadoCENATIC publicou fai un tempo un decálogo coas 10 razóns para que os autónomos usen software libre. Agora chéganos outro decálogo que reforza a idea de utilizar software libre na empresa.

Cando pensamos en utilizar algunha aplicación para realizar as actividades típicas de calquera empresa, podemos pensar en que a vantaxe máis importante que nos ofrecen os programas libres é o prezo de distribución, o cal pode ser moi baixo, ou incluso non existir. Pero non soe ser así, senón que hai outros factores que determinan a decisión de mudar algunha das aplicacións na nosa organización.

Nos próximos días iremos espoñendo as diferentes razóns que poden axudar a entender o porqué de usar software libre nas nosas empresas.

Imos comezar por unha que consideramos fundamental cando estamos a falar de manexar información con moito valor para o noso traballo diario: a seguridade.

1. Seguridade

Cando utilizamos unha aplicación informática, e creamos información con ela, debemos poñer a nosa atención en protexer eses datos. Si facemos uso de aplicacións que non teñen aberto o seu código, non temos a certeza de que o seu funcionamento non pon en risco os nosos datos. Fagámonos a seguinte pregunta: ¿a ausencia de informes de erro sobre o código do iPhone ou de Windows, significa que estos produtos son máis seguros? Claro que non, máis ben todo o contrario. Ocorre que as empresas propietarias desos produtos, pechan o acceso ao seu código fonte para evitar que os competidores fagan uso do mesmo. Pero desa maneira tamén impiden que centos, ou miles, de programadores poidan revisar e correxir os posibles erros que haberá nese código. No caso do software libre, cando se detectan erros no código, son reparados en cuestión de horas, porque, segundo a lei “Linus”: “Ante suficientes ollos, tódolos erros son superficiais“.

O software libre medra día a día facendo uso de pezas xa creadas anteriormente. É dicir, cando un programador ten que desenvolver unha aplicación complexa, e precisa dun módulo para realizar unha determinada función, pode reutilizar aquel código que xa está probado e ten a certeza de que non contén erros. Do que se trata é de non inventar a roda unha vez tras outra, como ocorre cando pechamos o noso código.

Actualmente, tódolos empregados fan uso dun navegador web para acceder aos contidos de Internet. Se facemos uso de aplicacións privativas, estamos máis expostos aos riscos que conleva o acceso a páxinas web que poden ter código malicioso. Para evitar isto, debemos facer uso de navegadores con código aberto, xa que contan con máis proteccións para evitar os ataques dende esas páxinas web externas.

 

Be Sociable, Share!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *