Agasol traerá a Galicia a Libre Software World Conference

LSWCA LSWC’12 será o maior evento celebrado en España acerca do software libre cun enfoque profesional e empresarial, e terá lugar na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, os días 18 e 19 de outubro.

A Asociación de empresas galegas de software libre vén e asumir a organización do evento máis importante sobre software libre que se celebrará en España neste ano. Será a Libre Software World Conference 2012 -LSWC-, que contará co apoio constante de Asolif para converter dous días de encontro nunha importante ferramenta de divulgación de novidades, intercambio de coñecemento e proxectos de futuro en torno ao software libre.

O último precedente dun evento destas características foi a LSWC 2011 que se celebrou en Zaragoza. Tralo éxito da súa organización, agora é AGASOL a que asume a tarefa de traer á capital galega o foco de atención de empresarios e profesionais do software libre e dos seus ámbitos de actuación durante dous días de traballo. A cita será na Cidade da Cultura de Galicia, os días 18 e 19 de outubro.

Be Sociable, Share!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *