Charla de Richard Stallman en Santiago

Hoxe pola mañá, asistimos á charla ofrecida polo profesor Richard Stallman na facultade de Filosofía en Santiago de Compostela. Stallman explicou cunha linguaxe amena e nun perfecto español cómo o software libre é “imprescindible” para o respeto dos dereitos dos usuarios de programas informáticos, xa que lles permite utilizar, estudiar, mellorar e compartir esas ferramentas.

Cunha duración de máis de tres horas Stallman fixo un longo repaso das actividades da Free Software Fundation e das diferenzas entre o movemento GNU e o movemento de código aberto representado por Linux.

Be Sociable, Share!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *