Como montar unha operadora móbil Open Source

antena_telefoniaOpenBTS é un proxecto Open Source, creado por un pequeno grupo de veteranos da industria das telecomunicacións. Foron capaces de desenvolver esta rede de telefonía móbil aberta que ten un custo de implantación moi baixo, e que permite acceder a este tipo de comunicacións cuns prezos ridículos, que se poderían situar en torno a 1,5 euros ao mes por cliente.

O explican en detalle en Engineering for Change, un blogue no que falan das prestacións de OpenBTS, que permite sustituir ás redes móbiles tradicionais cunha serie de estacións de fácil instalación.

O sistema basease nun ordenador con Linux e un dispositivo chamado Universal Software Radio Peripheral (USRP). Con estos dous elementos, crease unha sinal que é idéntica a calquera outra sinal GSM, o estándar de telefonía móbil máis popular en todo o mundo.

A partires de ahí, entra en xogo o coñecido software Asterisk, gracias ao cal podemos convertir un ordenador nunha centraliña PBX, que se encargará de enrutar as chamadas.

Aínda que montar unha operadora comercial pode ser moi complexo, sí que podería ser unha boa solución para crear redes de telefonía privadas, que serían usadas por colectivos, como forzas de seguridade, empresas privadas, administración pública, etc.

Podedes atopar máis detalles sobre este apaixonante proxecto no artigo orixinal, ou ben na súa páxina oficial.

 

Be Sociable, Share!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *