|
Venres, 03 Maio 2013 09:07 |
O IES de Melide está migrando o seu equipamento informático cara sistemas abertos.
Segundo nos comenta o Coordinador TIC do centro, Xan GarcÃa Carballo, o proxecto de migración iniciouse hai dous anos, e na actualidade hai máis de 90 ordenadores que xa posúen unha versión de Ubuntu Abalar. Todas as aulas de docencia contan cun equipo portátil con este sistema instalado, asà coma as salas de informática, incluÃdas as do ciclo de madeira.
A acollida por parte do alumnado é moi positiva, e non atopan ningún atranco para realizar as tarefas que lles esixen os seus profesores. Os cales, por certo, amósanse algo máis reticentes aos cambios provocados pola migración dos sistemas operativos cara o software libre.
As vantaxes que atopan ao utilizar Ubuntu, son varias, entre as cales destacan: a maior seguridade nos equipos, ao evitar a entrada masiva de virus informáticos e programas espÃa, a rapidez coa que se inician e apagan os equipos, e o non poder instalar programas de intercambio de ficheiros que poñen en risco a seguridade dos datos almacenados nos ordenadores.
O proceso de migración continuará nas próximas semanas, mudando o sistema operativo dos ordenadores da biblioteca. Ler 0 comentarios... |
|
Martes, 22 Novembro 2011 21:00 |
|
O próximo martes, 29 de novembro, imos celebrar no IES de Melide, dúas sesións de achegamento ao software libre para os alumnos de 4ª da ESO. As sesións terán unha duración de 50 minutos, e asistirán un total de 30 alumnos, os cales poderán aclarar todas aquelas consultas que teñan acerca do uso de programas libres.
Próximamente, organizaránse outras dúas actividades, en este caso dirixidas ao equipo docente, nos centros de infantil e primaria da Martagona e Pastor Barral. O mes pasado realizouse a mesma actividade no CEIP Nº1, e nesta ocasión levaremos o software libre ata o resto de centros de primaria cos que conta Melide.
Tal e como publicamos noutras ocasións, o mundo do ensino ten moita importancia para nós, sendo un dos sectores aos que queremos dirixir o noso traballo de divulgación, co obxectivo de que as futuras xeracións poidan ter a oportunidade de decidir libremente o uso que queren facer da tecnoloxÃa.
 Ler 0 comentarios... |
|
Luns, 31 Outubro 2011 08:48 |
|
Facémonos eco desta noticia publicada en Público (PT), que nos enche de esperanza, porque parece que o momento económico actual pode ser unha oportunidade para que o uso do software libre sexa máis amplo.
A directiva do Ministério da Educação e Ciência portugués está dirixido a aqueles equipos máis antigos, que non soporten as novas versións de Microsoft, e que todavÃa se poidan seguir usando a través da instalación dunha distribución de GNU/Linux. O Ministério non quere seguir pagando unhas licenzas por utilizar aplicativos que non supoñen unha gran diferenza respecto a outros que se distribúen de forma libre.
O que está claro, é que o modelo de renovación 'programada' que defenden as empresas do software privativo ten que mudar cara algo máis racional, e de sentido común.
Agardamos que os nosos responsables polÃticos, educativos, etc, poidan empezar a tomar nota do acontecido en Portugal, e se den conta de que o uso das tecnoloxÃas nas escolas ten que xirar hacia o software libre.
 Ler 0 comentarios... |
|
Venres, 21 Outubro 2011 11:49 |
|
O próximo luns, 24 de outubro, Melisa vai impartir un obradoiro de achegamento ao software libre dirixido aos profesores do CEIP Nº1 de Melide.
No programa deste obradoiro, inclúese unha breve introdución aos principios básicos que definen o software libre, asà como un debate onde os asistentes poderán resolver todas aquelas dudas que teñan sobre o uso de programas libres na escola.
Esta actividade está enmarcada dentro das diferentes accións levadas a cabo pola nosa asociación dirixidas ao entorno educativo.
O profesorado é un dos colectivos prioritarios para o coñecemento do movemento do software libre, como parte responsable da transmisión de conceptos como compartir o coñecemento, ou a ética no uso do software. Ler 0 comentarios... |
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 3 |