Empresas
10 motivos para usar software libre na empresa PDF Imprimir Correo-e
Luns, 18 Xullo 2011 15:49

teclado_candadoCENATIC publicou fai un tempo un decálogo coas 10 razóns para que os autónomos usen software libre. Agora chéganos outro decálogo que reforza a idea de utilizar software libre na empresa.

Cando pensamos en utilizar algunha aplicación para realizar as actividades típicas de calquera empresa, podemos pensar en que a vantaxe máis importante que nos ofrecen os programas libres é o prezo de distribución, o cal pode ser moi baixo, ou incluso non existir. Pero non soe ser así, senón que hai outros factores que determinan a decisión de mudar algunha das aplicacións na nosa organización.

Nos próximos días iremos espoñendo as diferentes razóns que poden axudar a entender o porqué de usar software libre nas nosas empresas.

Imos comezar por unha que consideramos fundamental cando estamos a falar de manexar información con moito valor para o noso traballo diario: a seguridade.

1. Seguridade

Cando utilizamos unha aplicación informática, e creamos información con ela, debemos poñer a nosa atención en protexer eses datos. Si facemos uso de aplicacións que non teñen aberto o seu código, non temos a certeza de que o seu funcionamento non pon en risco os nosos datos. Fagámonos a seguinte pregunta: ¿a ausencia de informes de erro sobre o código do iPhone ou de Windows, significa que estos produtos son máis seguros? Claro que non, máis ben todo o contrario. Ocorre que as empresas propietarias desos produtos, pechan o acceso ao seu código fonte para evitar que os competidores fagan uso do mesmo. Pero desa maneira tamén impiden que centos, ou miles, de programadores poidan revisar e correxir os posibles erros que haberá nese código. No caso do software libre, cando se detectan erros no código, son reparados en cuestión de horas, porque, segundo a lei "Linus": "Ante suficientes ollos, tódolos erros son superficiais".

O software libre medra día a día facendo uso de pezas xa creadas anteriormente. É dicir, cando un programador ten que desenvolver unha aplicación complexa, e precisa dun módulo para realizar unha determinada función, pode reutilizar aquel código que xa está probado e ten a certeza de que non contén erros. Do que se trata é de non inventar a roda unha vez tras outra, como ocorre cando pechamos o noso código.

Actualmente, tódolos empregados fan uso dun navegador web para acceder aos contidos de Internet. Se facemos uso de aplicacións privativas, estamos máis expostos aos riscos que conleva o acceso a páxinas web que poden ter código malicioso. Para evitar isto, debemos facer uso de navegadores con código aberto, xa que contan con máis proteccións para evitar os ataques dende esas páxinas web externas.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
Fallo xudicial a favor do Software Libre PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 05 Agosto 2010 19:13

busyboxPor primeira vez na historia, prodúcese un fallo xudicial en favor dunha licenza libre. Neste caso, o ganador é Software Freedom Conservancy, organización que defende proxectos como Amarok, Inkscape, Samba ou Wine. Que neste caso particular estaba a defender os intereses particulares de BusyBox ante a compañía Westinghouse Digital Electronics, que era acusada de usar BusyBox no firmware dos seus productos para televisores de alta definición incumplindo a licenza GPL.

O que ocurre con algunhas compañías, é que fan uso de software licenciado baixo licenzas libres, e despois pechan ese código, impedindo a súa transmisión hacia outros usuarios. Para estes propósitos xa existen licenzas que permiten convertir en privativo código aberto, como son as BSD ou Apache.

O resultado final para a compañía Westinghouse é que deberá abonar a SFC unha cantidade de 150 mil dólares, e donará parte dos seus produtos á caridade.

Agardamos que desta forma, se vaia creando conciencia dentro dos sectores empresariais en canto ó coñecemento das licenzas libres e o seu posible uso con fins comerciais.

Vía: Bitelia

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
Xornada sobre Software Libre para profesionais e empresas TIC PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 01 Maio 2010 15:41

O próximo xoves, 6 de maio en horario de 16:30 a 20:00 horas, terá lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, unha xornada de achegamento ao SwL para profesionais e empresas TIC.

O evento está especialmente dirixido a persoal técnico, autónomos e/ou directivos de empresas TIC, tanto do sector privado como público, así como para o persoal desempregado técnico que teña interese na temática.

Os relatores serán Roberto Brenlla, Francisco Diéguez e Óscar Casal.

O acceso, previa inscrición a realizar online a través do portal web do cntg, é de balde e condicionado ao aforo do local. O prazo de inscrición ao evento rematará o mércores día 5 de maio.

Máis información.

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
Caso de éxito: Rentalia PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 22 Xullo 2009 20:52

rentalia

Rentalia é un portal adicado á promoción de aloxamentos para vacacións. Dispón dun catálogo con máis de 20.000 casas de vacacións, ademáis doutros destinos, como son praias, esquí, etc.

Dende fai dous anos están usando software libre na súa empresa. Tan só dispoñen dun equipo con Windows XP a efectos de probas de visibilidade da súa web no Internet Explorer.

Un dos seus responsables, Rubén Rubio, ven de publicar unha guía onde detalla o acontecido durante a migración hacia ferramentas libres.

Resulta interesante coñecer casos coma éste onde se demostra que é posible traballar nunha pequena empresa usando tan só programas con licenzas libres. Por iso animamos dende aquí a todas aquelas empresas gustosas de disfrutar da liberdade nos seus ordenadores, a que participen nas nosas actividades, ou ben nos consulten aquelas inquedanzas que teñan respecto disto.

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>

Páxina 4 de 5