Título II

Título II. Dos Socios

Artigo 7.

Poderán ser integrantes da Asociación todas aquelas persoas físicas, con plena capacidade de obrar, e as persoas xurídicas tralo acordo do órgano competente, que non teñan débedas pendentes coa asociación e que reúnan os seguintes requisitos:

  1. Ter interese no desenvolvemento dos fins da Asociación.

  2. Aboar, se fose o caso, unha cuota de socio.

 

Artigo 8.

Dentro da Asociación poden existir as seguintes clases de asociados:

  1. Fundadores: aquelas persoas que subscribiron a acta fundacional.

  2. Numerarios: aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional.

  3. Protectores: aquelas persoas físicas ou xurídicas que a xuizo da Xunta Directiva contribúan significativamente á realización dos fins da Asociación, xa sexa colaborando desinteresadamente coa mesma dende os seus respectivos postos profesionais ou a través de aportacións económicas ou en especie. O seu nomeamento será acordado pola Xunta Directiva, debendo ser ratificado na primeira Asamblea Xeral que se celebre. Os socios protectores non terán dereito a voto, nin poderán acceder ós cargos directivos, pero a súa voz poderá ser oída na Asamblea Xeral.

 

Artigo 9.

Os socios numerarios e fundadores teñen os seguintes dereitos:

  1. Tomar parte en calquera actividade que a Asociación organice en cumprimento dos seus fins.

  2. Beneficiarse de todas as vantaxes que a Asociación poida proporcionar.

  3. Facer suxestións ós membros da Xunta Directiva para mellorar o cumprimento dos fins da Asociación.

  4. Participar nas Asambleas, con voz e voto, así como ser elector e/ou elixible para os cargos directivos.

  5. Recibir información sobre o estado de contas, e ingresos e gastos da Asociación.

  6. Aqueloutros que estiveren recollidos na lexislación vixente.

 

Artigo 10.

Son obrigacións de todos os socios:

  1. Cumprir os presentes Estatutos e os acordos válidos das Asambleas e da Xunta Directiva.

  2. Desempeñar as obrigas inherentes ó cargo que se ocupa.

  3. Satisfacer as cotas que se establezan.

  4. Asistir ás Asambleas Xerais.

  5. Observar unha boa conducta individual e cívica.

  6. Aqueloutros que estiveren recollidas na lexislación vixente.

 

Artigo 11.

Os acordos de admisión de asociados os tomará a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición escrita da persoa que desexa ser admitida. No caso de menores de idade e persoas que actúen a través de representante, a solicitude deberá ser autorizada polo representante, pai ou titor do solicitante e acompañarase unha acreditación da identidade do solicitante.

 

Artigo 12.

A condición de asociado pérdese:

  1. Por renuncia do interesado manifestada por escrito.

  2. Polo falecemento do titular.

  3. Pola falta de pagos das cuotas.

  4. Pola realización de accións que perxudiquen gravemente os intereses da Asociación.

  5. Por expediente disciplinario.

 

Artigo 13.

A expulsión de asociados será acordada pola Xunta Directiva, previa audiencia do interesado/a. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asamblea Xeral Extraordinaria e contra a súa resolución poderáse recurrir ante a xurisdicción ordinaria.

Cando a baixa se produza por vontade dun asociado, éste deberá realizar unha petición escrita e procederá ó pago de tódalas cuotas que teña pendentes.

Be Sociable, Share!