Titulo IV

Título IV. Réxime económico

Artigo 35.

A Asociación no momento de constitución carece de fondo social. En adiante coincide co recollido nas contas aprobadas anualmente.

Artigo 36.

O exercicio asociativo e económico será anual e o seu cerramento terá lugar o 31 de decembro de cada ano.

Artigo 37.

O Orzamento da Asociación será anual, tendo que ser aprobado como moi tarde na primeiro Asemblea Xeral Ordinaria do exercicio no que estará en vigor. Asemade, a liquidación do Orzamento terá que ser presentada na Asamblea Xeral Ordinaria inmediatamente posterior ao remate do exercicio.

Artigo 38.

Anualmente e con referencia ao último día do exercicio económico de cada ano, practicarase o inventario e balance de situación, que se formalizará nunha memoria e será posta a disposición dos socios durante un prazo non inferior a quince días ao sinalado para a celebración da Asamblea Xeral Ordinaria, que deberá aprobalo ou censuralo.

Artigo 39.

Os recursos económicos previstos para o desenvolvemento dos fins e actividades da Asociación serán os seguintes:

  1. As cotas ordinarias dos asociados, que en ningún caso serán reintegrables. Estas serán fixadas pola Asamblea Xeral Ordinaria.

  2. As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directva e sexan aprobadas pola Asamblea.

  3. As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.

  4. Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.

  5. As achegas voluntarias, que se considerarán como préstamos sen xuros, reintegrables nos termos que se pacten.

  6. Os préstamos ou créditos necesarios, que deberán estar asinados polo presidente e acordados pola Xunta Directiva.

  7. Calquera outro recurso lícito.

Artigo 40.

Para a disposición de fondos das entidades bancarias onde a Asociación teña depositados os mesmos, deberán ter recoñecidas as sinaturas, como mínimo: o Presidente e o Tesoureiro. A Xunta Directiva poderán engadir outras sinaturas recoñecidas, sempre de membros da propia Xunta. A Xunta Directiva poderá decidir se o uso das contas é mancomunado ou indistinto.

Artigo 41.

A disposición dos ben patrimoniais que se aproben regulamentariamente ha de ser aprobada pola Asamblea Xeral.

Be Sociable, Share!