Éxito de participación na primeira xornada do Obradoiro de Joomla

O pasado sábado 1 de agosto tivo lugar na cervexería A Fundación, a primeira xornada do Obradoiro de Joomla.

Esta primeira xornada estivo dirixida por Rafael Rodríguez Gayoso, Enxeñeiro Superior en Informática e asemesmo Presidente de Melisa. Un total de 10 participantes, con diferentes ámbitos profesionais, dende a Administración Pública ata o eido educativo pasando por alumnos universitarios en periodo vacacional, e vidos de diferentes zonas de Galicia, tomaron un primeiro contacto con todas as posibilidades que lles ofrece este xestor de contidos con licenza libre. Os asistentes fixeron prácticas, algúns deles nos seus propios portátiles, coa administración dun sitio web, e viron dende a xestión dos usuarios dun portal ata a adaptación do mesmo ó idioma galego.Conceptos como servidor web, base de datos, ou separación entre contido e deseño foron algúns dos temas que despertaron maior interese entre os asistentes.

Pola nosa parte, consideramos que esta primeira xornada foi un grande éxito, tanto de participación como de interese por parte dos asistentes. E agardamos continuar así na segunda xornada que se celebrará o vindeiro 8 de agosto, no mesmo lugar, o ciber da cervexería A Fundación, e co mesmo horario, de 10 a 14 horas. Na que continuaremos facendo prácticas coa administración dun portal web baixo un entorno totalmente libre, utilizando para elo o sistema operativo GNU/Linux.

Be Sociable, Share!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *