I Xornada de Radio Libre

cartel-3O próximo venres, 23 de outubro, terá lugar no IES de Melide, a I Xornada de Radio Libre.

Haberá charlas para falar do mundo da radio, e obradoiros para amosar as posibilidades dos aplicativos libres á hora de gravar, producir ou difundir as emisións radiofónicas.

As persoas interesadas en participar poden enviar unha mensaxe ao seguinte enderezo de correo: jorgelamavarela@gmail.com (entrada libre e de balde)

A xornada que comeza ás 9:00 da mañá, está organizada en sesións de tarde e mañá, e consta dun programa con diferentes actividades para diferentes públicos.

Esta iniciativa enmárcase no convenio de colaboración asinado entre a Amtega e MeLiSA para a realización de actividades de fomento do software libre en Galicia que forman parte do Plan de Acción en Software Libre 2015.

Be Sociable, Share!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *