I Xornada de Scratch

scratch-artigo

O próximo 13 de xullo, Melisa organiza a I Xornada de Scratch, dirixida a nenos e nenas de entre 8 e 15 anos.

O evento terá lugar na aula CeMIT, situada no edificio multiusos de Melide. Dará comezo ás 10:00 da mañá, e rematará ás 14:00.

Todas aquelas persoas que estean interesados en traer aos seus fillos, deben realizar previamente a inscrición na web de Melisa.

Esta iniciativa forma parte do compromiso social de Melisa coa sociedade. Somos conscientes de que as xeracións futuras deben adquirir competencias relacionadas coa programación libre. Polo tanto decidimos organizar esta primeira xornada para que os nenos e nenas do noso concello poidan aprender a utilizar un ordenador visto dende o seu interior.

Scratch é unha linguaxe de programación dirixida especialmente aos máis cativos e que non require de coñecementos técnicos. Poden crear animacións, xogos e moitas máis cousas que se lles poidan ocurrir.

O método de traballo de Scratch é a existencia dunhas personaxes, ou obxectos, que inseridos dentro dun escenario poden realizar unha serie de accións: moverse, falar, cambiar de disfraz, posición, etc.

 

Be Sociable, Share!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *