|
Venres, 03 Maio 2013 09:07 |
O IES de Melide está migrando o seu equipamento informático cara sistemas abertos.
Segundo nos comenta o Coordinador TIC do centro, Xan García Carballo, o proxecto de migración iniciouse hai dous anos, e na actualidade hai máis de 90 ordenadores que xa posúen unha versión de Ubuntu Abalar. Todas as aulas de docencia contan cun equipo portátil con este sistema instalado, así coma as salas de informática, incluídas as do ciclo de madeira.
A acollida por parte do alumnado é moi positiva, e non atopan ningún atranco para realizar as tarefas que lles esixen os seus profesores. Os cales, por certo, amósanse algo máis reticentes aos cambios provocados pola migración dos sistemas operativos cara o software libre.
As vantaxes que atopan ao utilizar Ubuntu, son varias, entre as cales destacan: a maior seguridade nos equipos, ao evitar a entrada masiva de virus informáticos e programas espía, a rapidez coa que se inician e apagan os equipos, e o non poder instalar programas de intercambio de ficheiros que poñen en risco a seguridade dos datos almacenados nos ordenadores.
O proceso de migración continuará nas próximas semanas, mudando o sistema operativo dos ordenadores da biblioteca. Ler 0 comentarios... |
|
Venres, 12 Abril 2013 10:54 |
|
Trátase dunha guía en formato de póster para docentes que lles permite comparar a funcionalidade e as vantaxes pedagóxicas dalgunhas ferramentas estándares do Moodle, cunha pequena indicación do adecuada que poida ser para a función que se pretende.
A idea é que se imprima esta versión en galego a modo de grande "chuleta" do Moodle para orientar aos creadores de recursos didácticos en Moodle, que é a plataforma de e-learning do sistema educativo galego.
Orixinal: http://www.cats-pyjamas.net/2010/05/moodle-tool-guide-for-teachers/
Ficheiro fonte [SVG] Guia Ferramentas Moodle
Ler 0 comentarios... |
|
Martes, 09 Abril 2013 09:01 |
O Festival de Instalación é un evento de divulgación do Software Libre, no cal se farán instalacións gratuítas e legais de aplicativos libres nos equipos dos participantes.
Ao mesmo tempo, levaránse a cabo diferentes presentacións de programas libres para utilizar en contornos de oficina, deseño, multimedia, internet, etc. As persoas interesadas poden asistir ao evento co seu equipo informático, e os voluntarios de Melisa axudarán no proceso de instalación dos programas libres. Non é obrigatorio instalar un sistema operativo GNU/Linux, tamén se poden instalar diferentes programas libres sobre o sistema operativo actual do equipo do usuario, coma por exemplo, LibreOffice, Mozilla Firefox, Gimp, Thunderbird, etc. De tódolos xeitos é recomendable realizar un respaldo de seguridade dos ficheiros persoais.
Animamos a todas aquelas persoas interesadas a que se acerquen ata a Cervexería A Fundación, o próximo 20 de abril a partir das 10 da mañá.
Máis información e consultas: melisa.melide at gmail.com
Ler 0 comentarios... |
|
Sábado, 06 Abril 2013 14:53 |
|
Este mes compartimos dúas novas que falan do uso de software libre na administración pública:
O Goberno Británico ven de publicar o seu Manual de Deseño de Servizos Gobernamentais, no cal recomenda o uso e implementación de solucións abertas "sempre que se poida". No caso de que non existan alternativas libres fai a seguinte recomendación: "[...] Hai que mitigar os riscos da dependencia dun único provedor, asegurándose de que existan estándares abertos para as interfaces [...] e deben esixirse formatos abertos para a importación e exportación de datos". Na sección dedicada a explicar o porqué do uso do SwL, pode lerse: "Abrindo os proxectos fan que sexan mellores. Debemos compartir o que facemos canto poidamos. Con colegas, usuarios e o mundo. Compartir código, compartir deseño, compartir ideas, compartir intencións, compartir fracasos. Cantos máis ollos se centren nun servizo, máis mellora: detéctanse erros, propóñense mellores alternativas, súbese o listón".[http://bit.ly/15uhfcw]
No ano 2010 a rexión italiana de Piamonte aprobou unha Lei para favorecer o uso dos programas pertencentes á categoría de software libre. A elección foi recollida con entusiasmo polos partidarios do software libre, pero a Presidencia do Consello de Ministros impugnaba esta norma, pedindo que se declarara ilegal. Finalmente, o Tribunal Constitucional italiano ditaminou que a preferencia polo software libre é legal, e respecta o principio de libre competencia. A sentenza declara "Os conceptos de software libre non son nocións relativas a unha tecnoloxía determinada, marca ou produto, senón que expresan unha característica xurídica". O Tribunal deixa claro que as normas que favorezan o uso de software libre non entran en conflito co principio de "neutralidade tecnolóxica". Polo tanto, as empresas que desexen vender software á Administración Pública deben cumprir con esta condición.[http://bit.ly/15uhhRX]
Colaboración en CERNE. Ler 0 comentarios... |
|