|
Luns, 16 Novembro 2009 22:32 |
|
Acaba de sair o TOP500 dos superordenadores correspondente ó mes de novembro, e como se pode apreciar no gráfico, o sistema operativo GNU/Linux está instalado en preto do 90% de superordenadores, seguido dun 5% de Unix, un 4,6% mixto, un 1% de Windows e un 0,2% BSD.

Tamén cabe destacar que a metade (50,60%) destes superordenadores posúen de 4.000 a 8.000 procesadores, e son usados en entornos de investigación, de finanzas ou de xeofísica, polo que executarán aplicacións con grandes necesidades de cálculo en paralelo en cada un dos procesadores, ou ben han de ser compartidos por moitos usuarios que 'lanzan' as súas aplicacións nestes equipos para obter os resultados tan pronto como sexa posible.
O país que máis superordenadores ten é Estados Unidos, cun total de 277 equipos. Ler 0 comentarios... |
|
Luns, 16 Novembro 2009 21:49 |
|
Luns, 16 de Novembro de 2009
Para a maioría das persoas maiores os computadores e Internet son un misterio indescifrable. A dificultade que implica coñecer todo un sistema novo fai que moitos deles xamais utilicen un computador.

Pensando nese público cada vez máis numeroso, a compañía Wessex Computers puxo á venda no Reino Unido dous computadores bautizados como simplicITy, equipados con GNU/Linux. Aínda que pareza contraditorio, este sistema operativo é ideal para crear solucións a medida dos nosos maiores: eles tan só terán que escoller entre 6 opcións, o que lle facilitará a vida dixital.
A flexibilidade do código aberto deu orixe a unha interface chamada “Square One”, que permite revisar o correo electrónico, chatear, navegar por Internet, revisar documentos, titoriais e crear un perfil de usuario. A súa estrutura é tan lineal e pechada, que os usuarios non se perderán entre tantas xanelas e opcións.
Os simplicITy veñen en dúas versións: a Suite 100, equipada cun procesador Sempron LLE-1250, e a Suite 200, que inclúe un Atom Dual Core. Ambos agregan un monitor de 19 polgadas, teclado e rato sen fíos, para que os usuarios non se enreden nin sequera fisicamente.
Fonte: fayerwayer.com Ler 0 comentarios... |
|
Sábado, 07 Novembro 2009 12:47 |
|
O noso compañeiro René Mérou vén de publicar unha actualización do mapa conceptual do Software Libre. Pode ser moi útil para explicar o mundo do software libre usándoo como guía ou ben entregalo en man evitando longas explicacións. Está dispoñible en galego, gracias a Miguel Bouzada de galpon.org.
Pódese descargar o documento fonte en formato svg dende es.gnu.org para a súa edición con Inkscape. Ler 0 comentarios... |
|
Escrito por gaioso
|
|
Sábado, 31 Outubro 2009 17:51 |
|
Onte un compañeiro do curso LPIC que estou a facer no CNTG, me comentou a existencia dunha web ben curiosa, onde podes facer uso do buscador Google como si dunha liña de comandos se tratara. O uso é ben sinxelo xa que si queremos buscar páxinas mediante un término, tan só temos que escribilo no 'prompt', e nos devolverá os resultados de catro en catro, e para mostrar os seguintes podemos ir pulsando Intro. Si queremos abrir un dos resultados escribimos no prompt o número que aparece á súa esquerda, eso sí, tendo en conta que se abre nunha nova pestaña e pode ser que haia que desbloquealas.

Para ver o resto de comandos podemos pulsar 'help' ou 'h'. As buscas pódense facer no buscador de imaxes, novas, wikis, etc.
Dende logo que é unha boa maneira de usar google para todos aqueles amantes da liña de comandos. Que o disfrutedes. Anímovos a facer uso desta web dende un navegador de terminal, coma o lynx. Ler 0 comentarios... |
|