Linux para evitar riscos nas operacións de banca electrónica PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 17 Outubro 2009 14:36
Publicado por ifreiria
Venres, 16 de Outubro de 2009

Debido ás múltiples ciberameazas que asolan aos sistemas operativos de Microsoft, fixo que o prestixioso Washington Post recomende o uso dun CD Vivo de Linux para facer calquera tipo de operación de banca electrónica. Desta forma evitaríanse a maioría das ameazas, xa que un CD Vivo non almacena os datos de sesión anteriores e cada execución do sistema operativo no disco é como se os empregásemos por primeira vez, o que o fai moi seguro. Tux

Brian Krebs, un experto en seguridade informática, escribiu un interesante artigo para o Washinton Post, no cal relata os problemas que tiveron diversos bancos e os seus clientes por culpa dos numerosos ciberataques e vulnerabilidades que aparecen nos sistemas Windows de Microsoft.

Krebs afirma que para evitar fraudes e problemas bancarios a solución máis simple e efectiva é non empregar Microsoft Windows cando se acceda a unha conta bancaria en liña.

A maioría dos ciberataques está destinados aos desenvolvementos de Microsoft, que son empregados pola inmensa maioría dos usuarios e que por iso son máis probábeis que deán como resultado filtracións de datos e que tarde ou cedo acaban abrindo as portas dos nosos computadores aos atacantes remotos. Isto fai que as operacións de banca electrónica sexan especialmente sensíbeis, e para curarse en saúde, o mellor e empregar un CD Vivo de Linux, co cal evítanse practicamente todos os risco nestas operacións.

De feito, o SANS Technology Institute, unha organización adicada á investigación e educación no campo da seguridade, retou aos seus estudantes a que fixeran un informe para achar os métodos máis efectivos para as pemes á hora de evitar este tipo de ataques. Os estudantes chegaron á conclusión de que a solución máis barata e segura ante estas ameazas era empregar un sistema operativo arrancábel de só lectura, como por exemplo Knoppix ou os CD Vivos de Ubuntu.


Ler 0 comentarios...
 
O Software Libre e a Lingüística (Lingua 09) PDF Imprimir Correo-e
Venres, 28 Agosto 2009 15:26

cabeceiraA Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela organiza entre os días 21 e 24 de setembro o curso “O Software Libre e a Lingüística (Lingua 09)”.

Este seminario, enmarcado no programa de cursos de verán da USC, ten como principal obxectivo expoñerlles aos asistentes unha visión xeral da interelación entre o software libre e informática xeral coa investigación filolóxica e lingüistica, tanto no análise de datos como nas canles creadas neste eido e os mecanismos de traballo asociados.

Segundo isto, as conferencias serán exposicións teóricas que abranguerán os diferentes aspectos e axentes implicados, sendo impartidas por recoñecidos referentes profesionais das múltiples áreas- empresas, universidades e asociacións.

O curso está dirixido a un público xeralista se ben será de especial interese a aquelas persoas que académica ou persoalmente están ligadas a proxectos de tradución e investigación lingüística, podendo asistir tanto alumnado e persoal da universidade como persoas externas á universidade.

As xornadas impartiranse na Facultade de Filoloxía, sumando ata un total de 16 horas lectivas. Os interesados deberán matricularse antes do día 11 de setembro, segundo os procedementos estabelecidos pola USC.

“O Software Libre e a Lingüística (Lingua 09)” inscríbese no marco dos Cursos de Verán da USC promovidos pola Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela. Os/as asistentes terán dereito a un diploma no que constarán o título do curso, o número de horas e a asistencia. Para os/as estudantes da USC, este curso será recoñecible
como 1 crédito de libre configuración.

Páxina web: http://www.usc.es/osl/lingua/
Páxina de inscrición: http://tinyurl.com/mtu8ef


Ler 0 comentarios...
 
Segunda xornada do Obradoiro de Joomla PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 09 Agosto 2009 19:58

obradoiro joomlaEsta pasado sábado celebrouse a segunda xornada do Obradoiro de Joomla na cervexería A Fundación.

Nesta xornada, os asistentes viron como modificar o deseño das súas webs de forma sinxela co uso dos modelos. Tamén se fixeron prácticas para a creación dun páxina web adicada ó comercio electrónico, utilizando o compoñente Virtuemart.

Debido ó interese amosado polos participantes neste obradoiro, a directiva de Melisa decidiu engadir unha xornada máis, que terá lugar o vindeiro 22 de agosto, e no cal se repasaran algún dos temas xa vistos e se resolverán as dúbidas dos alumnos que xa están a traballar con Joomla.

Agardamos que este tipo de actividades sigan sendo de interese para os afeccionados á informática en xeral, e ó software libre en particular. E seguimos a animar a todas aquelas persoas que non puideron asistir a este obradoiro que sigan atentos a esta web, onde comunicaremos calquera outra actividade que preparemos para as vindeiras semanas.


Ler 0 comentarios...
 
Éxito de participación na primeira xornada do Obradoiro de Joomla PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 02 Agosto 2009 12:11

O pasado sábado 1 de agosto tivo lugar na cervexería A Fundación, a primeira xornada do Obradoiro de Joomla.

Esta primeira xornada estivo dirixida por Rafael Rodríguez Gayoso, Enxeñeiro Superior en Informática e asemesmo Presidente de Melisa. Un total de 10 participantes, con diferentes ámbitos profesionais, dende a Administración Pública ata o eido educativo pasando por alumnos universitarios en periodo vacacional, e vidos de diferentes zonas de Galicia, tomaron un primeiro contacto con todas as posibilidades que lles ofrece este xestor de contidos con licenza libre. Os asistentes fixeron prácticas, algúns deles nos seus propios portátiles, coa administración dun sitio web, e viron dende a xestión dos usuarios dun portal ata a adaptación do mesmo ó idioma galego.Conceptos como servidor web, base de datos, ou separación entre contido e deseño foron algúns dos temas que despertaron maior interese entre os asistentes.

Pola nosa parte, consideramos que esta primeira xornada foi un grande éxito, tanto de participación como de interese por parte dos asistentes. E agardamos continuar así na segunda xornada que se celebrará o vindeiro 8 de agosto, no mesmo lugar, o ciber da cervexería A Fundación, e co mesmo horario, de 10 a 14 horas. Na que continuaremos facendo prácticas coa administración dun portal web baixo un entorno totalmente libre, utilizando para elo o sistema operativo GNU/Linux.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL

Movemento Asociativo

Área de socios



Cartel
Galinux
Cartel
DVD da Peme
Cartel
As 7 Maravillas