|
Mércores, 10 Xuño 2009 15:48 |
|
Curso da "UNIVERSIDADE DE VERÁN 2009" da Universidade de Santiago de Compostela
(http://www.usc.es/cultura/uveran09.htm)
* Datas: 14, 15, 16 e 17 de xullo de 2009 * Prazo de matrícula: aberto ata o próximo 3 de xullo de 2009 * Número de prazas: 50 prazas, por orde de inscripción Os sistemas de control automático e os sistemas autónomos permiten automatizar unha gran cantidade de procesos industriais e domóticos. Aínda que no mercado existen múltiples alternativas, propoñemos unha introdución ás solucións baseadas en deseños libres que, ademais de ser completamente funcionais, facilitan a súa introdución nas PEMES e no ensino. O obxectivo principal destas xornadas é dotar ó alumno cun coñecemento básico no control automático e nos rudimentos básicos da robótica con microcontroladores, empregando en todo momento licenzas libres. No curso presentarase de forma práctica tanto o uso de hardware libre Arduino, como as ferramentas de programación necesarias e dispoñibles en GNU/Linux. Haberá tamén conferencias sobre robótica e obradoiros nos que se programará un minirobot móbil autónomo. As xornadas consistirán nun 33% de exposición teórica, nun 25% de exposición interactiva e nun 42% de prácticas sobre hardware. Para o maior aproveitamento deste curso, o único prerequisito son coñecementos básicos dunha linguaxe de programación estruturada. Grazas ó apoio da Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela, estás xornadas serán recoñecidas como Curso de Verán da USC. Os/as asistentes terán dereito a un diploma no que constarán o título do curso, o número de horas e a asistencia. Para os/as estudantes da USC, este curso será recoñecible como 2 créditos de libre configuración.
Cartel: http://www.dec.usc.es/xcarfos/material/p_cartel_xcarfos09.png (http://www.dec.usc.es/xcarfos/) Ler 0 comentarios... |
|
Sábado, 30 Maio 2009 11:02 |
“Pola miña propia experiencia, decateime de que o software privativo te anula como profesional” Melisa, a Asociación de Software Libre de Melide, é un grupo de veciños desta localidade que comparten a súa afección polas novas tecnoloxías e que certo día decidiron asociarse para organizar actividades a prol da difusión do software libre. Foi concretamente en decembro do pasado ano, cando o seu presidente, Rafael Rodríguez, adiantaba timidamente na rolda de correos dos Grupos Galegos de Usuarios de Software Libre (GGUL) a nova da constitución da asociación; mais non foi ata este mes de abril cando Melisa se presentou oficialmente coa I Semana do Software Libre de Melide. Mancomún falou con Rafael Rodríguez sobre estas xornadas e os obxectivos cos que se creou a asociación. Como xorde a iniciativa para crear Melisa? En certa medida, foi un tema persoal meu, derivado un pouco da miña propia experiencia profesional como distribuidor de software. Pero tamén dun grupo de amigos que, aínda que non estaban directamente vencellados ao mundo da informática, si que son amantes, en xeral, do coñecemento. Vimos a necesidade de que todo este movemento de difusión do software libre que se está a levar a cabo por toda Galicia se introducise tamén no interior. En Melide non hai grandes industrias, é un contorno rural, pero crimos que tamén podiamos facer algo, igual que xa estaban a facer outros grupos de usuarios. Ler 0 comentarios... |
|
Ler máis...
|
|
Mércores, 13 Maio 2009 20:17 |
|
Nota : Texto sacado de internautas.org, baseado no artigo de Javier Cuchí aparecido no El Incordio. Suele decirse por ahí que el tema de la crisis es una oportunidad tecnológica de primera magnitud, y es verdad que en la exigua lista de las empresas que están capeando bien el temporal hay un claro predominio de las tecnológicas. Pero me pregunto si en España esto no nos va a conducir al desastre, porque Zapatero, en la desesperación a que le lleva su propia ignorancia en la gestión de la crisis (léase: absoluta impotencia), emprende una huida hacia adelante que puede llevarnos al despeñadero. Por Javier Cuchí 13-05-2009 - Ayer prometió -ya veremos si cumple, porque ese tío miente más que habla- que iba a equipar a todos los niños de la enseñanza pública y concertada con un ordenador portátil -infiero que un netbook- a partir del cliclo superior de Primaria. Como indica este artículo en «El País», la cosa tiene tela por dos razones: la primera, que la descentralización de las competencias en materia educativa y el régimen de cofinanciación Estado-Comunidades autónomas hace muy complicada la gestión del asunto; y la segunda, que no se ha estudiado seriamente ni la conveniencia ni la necesidad de esta medida y caben incluso dudas de que el profesorado esté actualmente preparado para afrontar un aula digitalizada al 100 por 100, pero es que incluso educadores y pedagogos plantean serias dudas ante ese escenario. Ler 0 comentarios... |
|
Ler máis...
|
|
Domingo, 10 Maio 2009 11:03 |
|
A comunidade galega do Software Libre (GUGL's, asociacións, grupos de tradución, particulares, etc.) ven de publicar un manifesto para mostrar a nosa postura ante a posibilidade de que o goberno central leve a cabo a proposta de dotar a cada alumno de primaria cun portátil dotado de software privativo.  Agradecemos a todas aquelas persoas interesadas neste tema, que fagan unha ampla difusión no seu entorno para que se coñeza a realidade en torno a esta cuestión. Durante as últimas xornadas houbo moito movemento ó longo da rede e atoparedes diversos documentos tratando este tema. Deixamos aquí algúns deles: www.labitacoradeltigre.com www.hispalinux.es Blog de Jordi Adell Ler 0 comentarios... |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL |