|
Mércores, 11 Agosto 2010 21:19 |
|
O pasado martes 10 de agosto, celebrouse a primeira xornada dos Obradoiros de verán, organizados por Melisa.
O vicepresidente de Melisa, Jorge Lama, comenzou a xornada cunha exposición dos conceptos básicos relativos ó Modding informático. A continuación, os asistentes tiveron a oportunidade de practicar con diversos compoñentes hardware. Cambiar diferentes pezas averiadas, como unha fonte de alimentación, construir un reproductor de CD con compoñentes reciclados, e incluso houbo quen se atreveu a instalar un pc enteiro partindo de cero. Saber cómo conectar un disco duro, cómo facer que o noso equipo esté ben refrixerado, ou cómo 'tunear' as caixas dos nosos pc's, foron tamén algún dos temas vistos nesta primeira xornada.
O próximo xoves 12 de agosto, terá lugar a segunda xornada destes Obradoiros, na que os asistentes terán a oportunidade de coñecer os pasos a seguir para instalar un sistema operativo (Windows e GNU/Linux).
Recordamos que estes Obradoiros están abertos a tódolos públicos, e a entrada é de balde.
  
Ler 0 comentarios... |
|
Venres, 06 Agosto 2010 16:08 |
|
A próxima semana, Melisa organizará varios obradoiros tecnolóxicos, cos seguintes contidos:
- Instalación de Sistemas Operativos.
- Reparacións e cambios no hardware de equipos informáticos.
- Reciclaxe e reutilización de equipos vellos.
- Aplicacións para móviles.
Os obradoiros son gratuitos e abertos a todo tipo de público. Celebraranse no centro Multiusos de Melide, os dias 10,12 e 13 de agosto con horario de 16:30 ata 19:00.
As persoas interesadas poden facer a inscrición enviando un correo co seu nome e teléfono ó enderezo electrónico:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
. Ler 0 comentarios... |
|
Xoves, 05 Agosto 2010 20:13 |
|
Por primeira vez na historia, prodúcese un fallo xudicial en favor dunha licenza libre. Neste caso, o ganador é Software Freedom Conservancy, organización que defende proxectos como Amarok, Inkscape, Samba ou Wine. Que neste caso particular estaba a defender os intereses particulares de BusyBox ante a compañía Westinghouse Digital Electronics, que era acusada de usar BusyBox no firmware dos seus productos para televisores de alta definición incumplindo a licenza GPL.
O que ocurre con algunhas compañías, é que fan uso de software licenciado baixo licenzas libres, e despois pechan ese código, impedindo a súa transmisión hacia outros usuarios. Para estes propósitos xa existen licenzas que permiten convertir en privativo código aberto, como son as BSD ou Apache.
O resultado final para a compañía Westinghouse é que deberá abonar a SFC unha cantidade de 150 mil dólares, e donará parte dos seus produtos á caridade.
Agardamos que desta forma, se vaia creando conciencia dentro dos sectores empresariais en canto ó coñecemento das licenzas libres e o seu posible uso con fins comerciais.
Vía: Bitelia Ler 0 comentarios... |
|
Luns, 14 Xuño 2010 10:36 |
|

O próximo día 5 de agosto celebraráse no Auditorio da Casa da Cultura de Ordes a primeira edición do "Festival de Curtametraxes Libres Cinestable".
O festival quérelle render homenaxe á liberdade que brindan as licenzas libres Creative Commons convocando un concurso de curtas, ao que están convidados a participar, amateurs e profesionais de todo o país. Celebraráse tamén unha proxección das mellores cintas libres a nivel mundial. Con este evento preténdese fomentar o uso destas licenzas, que teñen a marabillosa propiedade de potenciar a creatividade dos autores e aumentar a difusión das obras noveles.
Poden concorrer ao concurso todas as cintas de calquera temática que se licenzen baixo unha Creative Commnos. A inscrición é gratuita e realizarase por medio da web. O prazo de entrega de traballos abre o día 14 de xuño, e pechará o 1 de agosto. As cintras premiadas repartiránse máis de 800 €, e proxectaránse no festival.
Cinestable é unha iniciativa organizada pola asociación Inestable, coa colaboración do Concello de Ordes, e outras entidades coma o AC Proxecto Trasno. Pódese obter máis información na web do certame, ou solicitar información por correo electrónico (cc[arroba]inestable[punto]org).
Ler 0 comentarios... |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL |