|
Sábado, 01 Maio 2010 16:41 |
|
O próximo xoves, 6 de maio en horario de 16:30 a 20:00 horas, terá lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, unha xornada de achegamento ao SwL para profesionais e empresas TIC.
O evento está especialmente dirixido a persoal técnico, autónomos e/ou directivos de empresas TIC, tanto do sector privado como público, así como para o persoal desempregado técnico que teña interese na temática.
Os relatores serán Roberto Brenlla, Francisco Diéguez e Óscar Casal.
O acceso, previa inscrición a realizar online a través do portal web do cntg, é de balde e condicionado ao aforo do local. O prazo de inscrición ao evento rematará o mércores día 5 de maio.
Máis información.
Ler 0 comentarios... |
|
Sábado, 06 Marzo 2010 00:42 |
|
Enterámonos a través do blog dun empregado da Axencia Tributaria que a nova versión do programa PADRE vai ser multiplataforma co cal se poderá usar nun equipo dotado dun sistema GNU/Linux.
Esto conséguese gracias a que o reescribiron utilizando a linguaxe Java, polo que se poderá utilizar tamén en equipos Mac.
Ata o de agora os usuarios de sistemas diferentes a Windows non tiñan posibilidade de utilizar dita aplicación, polo que damos dende aquí a noraboa á xente da Axencia Tributaria, e animamos a que outras administracións públicas segan o mesmo camiño e non obriguen ó cidadán a utilizar un determinado sistema operativo ou navegador web. Ler 0 comentarios... |
|
Sábado, 13 Febreiro 2010 11:33 |
|
Eduardo San Miguel Martín, membro co-fundador de Melisa, publicou recentemente a librería de código libre fisheyeR para o aclamado linguaxe R (http://www.r-project.org/).
R é un linguaxe e entorno de programación para análise estatístico e gráfico.
Trátase dun proxecto de software libre, resultado da implementación GNU do premiado linguaxe S. R e S-Plus- versión comercial de S- son, probablemente, os dous linguaxes máis empregados en investigación pola comunidade estatística, sendo ademáis moi populares no campo da investigación biomédica, a bioinformática e as matemáticas financieiras.
A esto contribue a posibilidade de cargar diferentes librerías ou paquetes con finalidades específicas de cálculo ou gráfico.
Dende Melisa felicitámolo e animámolo a seguir publicando proxectos de código libre. Ler 2 comentarios... |
|
Venres, 11 Decembro 2009 14:55 |
|
O vindeiro venres, día 18 de decembro, a nosa Asociación levará a cabo unha actividade de presentación do Software Libre ante ós alumnos do ciclo superior de Administración e Finanzas.
O presidente de MeLiSA, Rafael Rodríguez, será o encargado de presentarlle ós alumnos do ciclo as vantaxes do uso do Software Libre tanto a nivel persoal como dentro dos centros educativos. O evento dará comenzo ás nove da mañá e rematará ás dez e media.
Como colectivo que loita pola difusión da alternativa que supón o uso de programas abertos e libres, consideramos prioritario o coñecemento destas ferramentas por parte do alumnado que nalgún momento terá que integrarse no mercado laboral, onde predomina o uso de ferramentas privativas.
Ler 0 comentarios... |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL |