|
|
|
| Domingo, 19 Abril 2009 20:54 |
|
TÃtulo IV. Réxime económico
Artigo 35. A Asociación no momento de constitución carece de fondo social. En adiante coincide co recollido nas contas aprobadas anualmente.
Artigo 36. O exercicio asociativo e económico será anual e o seu cerramento terá lugar o 31 de decembro de cada ano.
Artigo 37. O Orzamento da Asociación será anual, tendo que ser aprobado como moi tarde na primeiro Asemblea Xeral Ordinaria do exercicio no que estará en vigor. Asemade, a liquidación do Orzamento terá que ser presentada na Asamblea Xeral Ordinaria inmediatamente posterior ao remate do exercicio.
Artigo 38. Anualmente e con referencia ao último dÃa do exercicio económico de cada ano, practicarase o inventario e balance de situación, que se formalizará nunha memoria e será posta a disposición dos socios durante un prazo non inferior a quince dÃas ao sinalado para a celebración da Asamblea Xeral Ordinaria, que deberá aprobalo ou censuralo.
Artigo 39. Os recursos económicos previstos para o desenvolvemento dos fins e actividades da Asociación serán os seguintes:
Artigo 40. Para a disposición de fondos das entidades bancarias onde a Asociación teña depositados os mesmos, deberán ter recoñecidas as sinaturas, como mÃnimo: o Presidente e o Tesoureiro. A Xunta Directiva poderán engadir outras sinaturas recoñecidas, sempre de membros da propia Xunta. A Xunta Directiva poderá decidir se o uso das contas é mancomunado ou indistinto.
Artigo 41. A disposición dos ben patrimoniais que se aproben regulamentariamente ha de ser aprobada pola Asamblea Xeral. |
Comentarios