| Linux para evitar riscos nas operacións de banca electrónica |
|
|
|
| Sábado, 17 Outubro 2009 14:36 |
|
Publicado por ifreiria
Venres, 16 de Outubro de 2009
Debido ás múltiples ciberameazas que asolan aos sistemas operativos de Microsoft, fixo que o prestixioso Washington Post recomende o uso dun CD Vivo de Linux para facer calquera tipo de operación de banca electrónica. Desta forma evitarÃanse a maiorÃa das ameazas, xa que un CD Vivo non almacena os datos de sesión anteriores e cada execución do sistema operativo no disco é como se os empregásemos por primeira vez, o que o fai moi seguro. Brian Krebs, un experto en seguridade informática, escribiu un interesante artigo para o Washinton Post, no cal relata os problemas que tiveron diversos bancos e os seus clientes por culpa dos numerosos ciberataques e vulnerabilidades que aparecen nos sistemas Windows de Microsoft. Krebs afirma que para evitar fraudes e problemas bancarios a solución máis simple e efectiva é non empregar Microsoft Windows cando se acceda a unha conta bancaria en liña. A maiorÃa dos ciberataques está destinados aos desenvolvementos de Microsoft, que son empregados pola inmensa maiorÃa dos usuarios e que por iso son máis probábeis que deán como resultado filtracións de datos e que tarde ou cedo acaban abrindo as portas dos nosos computadores aos atacantes remotos. Isto fai que as operacións de banca electrónica sexan especialmente sensÃbeis, e para curarse en saúde, o mellor e empregar un CD Vivo de Linux, co cal evÃtanse practicamente todos os risco nestas operacións. De feito, o SANS Technology Institute, unha organización adicada á investigación e educación no campo da seguridade, retou aos seus estudantes a que fixeran un informe para achar os métodos máis efectivos para as pemes á hora de evitar este tipo de ataques. Os estudantes chegaron á conclusión de que a solución máis barata e segura ante estas ameazas era empregar un sistema operativo arrancábel de só lectura, como por exemplo Knoppix ou os CD Vivos de Ubuntu. |
Comentarios