Últimas noticias
Publicación da librería libre fisheyeR por Eduardo San Miguel Martín. PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 13 Febreiro 2010 11:33

Eduardo San Miguel Martín, membro co-fundador de Melisa, publicou recentemente a librería de código libre fisheyeR para o aclamado linguaxe R (http://www.r-project.org/).

R é un linguaxe e entorno de programación para análise estatístico e gráfico.

Trátase dun proxecto de software libre, resultado da implementación GNU do premiado linguaxe S. R e S-Plus- versión comercial de S- son, probablemente, os dous linguaxes máis empregados en investigación pola comunidade estatística, sendo ademáis moi populares no campo da investigación biomédica, a bioinformática e as matemáticas financieiras.

A esto contribue a posibilidade de cargar diferentes librerías ou paquetes con finalidades específicas de cálculo ou gráfico.

Dende Melisa felicitámolo e animámolo a seguir publicando proxectos de código libre.


Ler 2 comentarios...
 
simplicITy, computadores con GNU/Linux para os maiores PDF Imprimir Correo-e
Luns, 16 Novembro 2009 21:49
Publicado por Mancomún
Luns, 16 de Novembro de 2009

Para a maioría das persoas maiores os computadores e Internet son un misterio indescifrable. A dificultade que implica coñecer todo un sistema novo fai que moitos deles xamais utilicen un computador.

Pensando nese público cada vez máis numeroso, a compañía Wessex Computers puxo á venda no Reino Unido dous computadores bautizados como simplicITy, equipados con GNU/Linux. Aínda que pareza contraditorio, este sistema operativo é ideal para crear solucións a medida dos nosos maiores: eles tan só terán que escoller entre 6 opcións, o que lle facilitará a vida dixital.

A flexibilidade do código aberto deu orixe a unha interface chamada “Square One”, que permite revisar o correo electrónico, chatear, navegar por Internet, revisar documentos, titoriais e crear un perfil de usuario. A súa estrutura é tan lineal e pechada, que os usuarios non se perderán entre tantas xanelas e opcións.

Os simplicITy veñen en dúas versións: a Suite 100, equipada cun procesador Sempron LLE-1250, e a Suite 200, que inclúe un Atom Dual Core. Ambos agregan un monitor de 19 polgadas, teclado e rato sen fíos, para que os usuarios non se enreden nin sequera fisicamente.

Fonte: fayerwayer.com


Ler 0 comentarios...
 
Linux para evitar riscos nas operacións de banca electrónica PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 17 Outubro 2009 14:36
Publicado por ifreiria
Venres, 16 de Outubro de 2009

Debido ás múltiples ciberameazas que asolan aos sistemas operativos de Microsoft, fixo que o prestixioso Washington Post recomende o uso dun CD Vivo de Linux para facer calquera tipo de operación de banca electrónica. Desta forma evitaríanse a maioría das ameazas, xa que un CD Vivo non almacena os datos de sesión anteriores e cada execución do sistema operativo no disco é como se os empregásemos por primeira vez, o que o fai moi seguro. Tux

Brian Krebs, un experto en seguridade informática, escribiu un interesante artigo para o Washinton Post, no cal relata os problemas que tiveron diversos bancos e os seus clientes por culpa dos numerosos ciberataques e vulnerabilidades que aparecen nos sistemas Windows de Microsoft.

Krebs afirma que para evitar fraudes e problemas bancarios a solución máis simple e efectiva é non empregar Microsoft Windows cando se acceda a unha conta bancaria en liña.

A maioría dos ciberataques está destinados aos desenvolvementos de Microsoft, que son empregados pola inmensa maioría dos usuarios e que por iso son máis probábeis que deán como resultado filtracións de datos e que tarde ou cedo acaban abrindo as portas dos nosos computadores aos atacantes remotos. Isto fai que as operacións de banca electrónica sexan especialmente sensíbeis, e para curarse en saúde, o mellor e empregar un CD Vivo de Linux, co cal evítanse practicamente todos os risco nestas operacións.

De feito, o SANS Technology Institute, unha organización adicada á investigación e educación no campo da seguridade, retou aos seus estudantes a que fixeran un informe para achar os métodos máis efectivos para as pemes á hora de evitar este tipo de ataques. Os estudantes chegaron á conclusión de que a solución máis barata e segura ante estas ameazas era empregar un sistema operativo arrancábel de só lectura, como por exemplo Knoppix ou os CD Vivos de Ubuntu.


Ler 0 comentarios...
 
O Software Libre e a Lingüística (Lingua 09) PDF Imprimir Correo-e
Venres, 28 Agosto 2009 15:26

cabeceiraA Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela organiza entre os días 21 e 24 de setembro o curso “O Software Libre e a Lingüística (Lingua 09)”.

Este seminario, enmarcado no programa de cursos de verán da USC, ten como principal obxectivo expoñerlles aos asistentes unha visión xeral da interelación entre o software libre e informática xeral coa investigación filolóxica e lingüistica, tanto no análise de datos como nas canles creadas neste eido e os mecanismos de traballo asociados.

Segundo isto, as conferencias serán exposicións teóricas que abranguerán os diferentes aspectos e axentes implicados, sendo impartidas por recoñecidos referentes profesionais das múltiples áreas- empresas, universidades e asociacións.

O curso está dirixido a un público xeralista se ben será de especial interese a aquelas persoas que académica ou persoalmente están ligadas a proxectos de tradución e investigación lingüística, podendo asistir tanto alumnado e persoal da universidade como persoas externas á universidade.

As xornadas impartiranse na Facultade de Filoloxía, sumando ata un total de 16 horas lectivas. Os interesados deberán matricularse antes do día 11 de setembro, segundo os procedementos estabelecidos pola USC.

“O Software Libre e a Lingüística (Lingua 09)” inscríbese no marco dos Cursos de Verán da USC promovidos pola Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela. Os/as asistentes terán dereito a un diploma no que constarán o título do curso, o número de horas e a asistencia. Para os/as estudantes da USC, este curso será recoñecible
como 1 crédito de libre configuración.

Páxina web: http://www.usc.es/osl/lingua/
Páxina de inscrición: http://tinyurl.com/mtu8ef


Ler 0 comentarios...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL