|
Xoves, 05 Agosto 2010 20:13 |
|
Por primeira vez na historia, prodúcese un fallo xudicial en favor dunha licenza libre. Neste caso, o ganador é Software Freedom Conservancy, organización que defende proxectos como Amarok, Inkscape, Samba ou Wine. Que neste caso particular estaba a defender os intereses particulares de BusyBox ante a compañía Westinghouse Digital Electronics, que era acusada de usar BusyBox no firmware dos seus productos para televisores de alta definición incumplindo a licenza GPL.
O que ocurre con algunhas compañías, é que fan uso de software licenciado baixo licenzas libres, e despois pechan ese código, impedindo a súa transmisión hacia outros usuarios. Para estes propósitos xa existen licenzas que permiten convertir en privativo código aberto, como son as BSD ou Apache.
O resultado final para a compañía Westinghouse é que deberá abonar a SFC unha cantidade de 150 mil dólares, e donará parte dos seus produtos á caridade.
Agardamos que desta forma, se vaia creando conciencia dentro dos sectores empresariais en canto ó coñecemento das licenzas libres e o seu posible uso con fins comerciais.
Vía: Bitelia Ler 0 comentarios... |
|
Sábado, 01 Maio 2010 16:41 |
|
O próximo xoves, 6 de maio en horario de 16:30 a 20:00 horas, terá lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, unha xornada de achegamento ao SwL para profesionais e empresas TIC.
O evento está especialmente dirixido a persoal técnico, autónomos e/ou directivos de empresas TIC, tanto do sector privado como público, así como para o persoal desempregado técnico que teña interese na temática.
Os relatores serán Roberto Brenlla, Francisco Diéguez e Óscar Casal.
O acceso, previa inscrición a realizar online a través do portal web do cntg, é de balde e condicionado ao aforo do local. O prazo de inscrición ao evento rematará o mércores día 5 de maio.
Máis información.
Ler 0 comentarios... |
|
Mércores, 22 Xullo 2009 21:52 |
|

Rentalia é un portal adicado á promoción de aloxamentos para vacacións. Dispón dun catálogo con máis de 20.000 casas de vacacións, ademáis doutros destinos, como son praias, esquí, etc.
Dende fai dous anos están usando software libre na súa empresa. Tan só dispoñen dun equipo con Windows XP a efectos de probas de visibilidade da súa web no Internet Explorer.
Un dos seus responsables, Rubén Rubio, ven de publicar unha guía onde detalla o acontecido durante a migración hacia ferramentas libres.
Resulta interesante coñecer casos coma éste onde se demostra que é posible traballar nunha pequena empresa usando tan só programas con licenzas libres. Por iso animamos dende aquí a todas aquelas empresas gustosas de disfrutar da liberdade nos seus ordenadores, a que participen nas nosas actividades, ou ben nos consulten aquelas inquedanzas que teñan respecto disto. Ler 0 comentarios... |
|
Venres, 01 Maio 2009 16:04 |
Rafael Martín Espada, director xeral da "Sociedad de la Información en Extremadura", inaugurou o pasado 29 de abril o día do Software Libre. O día do Software Libre celebrouse en Cáceres coa presencia de Rafael Martín Espada, director xeral da "Sociedad de la Información" en Extremadura, quen destacou que as fontes abertas son unha oportunidade para convertir en ventaxa competitiva a falta de posibilidades de inversión das pymes. 
"El software libre te da independencia para dirigir el futuro de tu empresa", señalou Martín. A principal razón para implantar software libre é a posibilidade de dominar a tecnoloxía, e a partir de ahí innovar tanto en procedementos como na forma de xestionalos, señalou o director autonómico. Durante a xornada inaugurouse na cidade extremeña "Movimiento Avanza", a maior exposición tecnolóxica itinerante de España, organizada polo Ministerio de Industria, Turismo y Comercio co obxectivo de difundir as oportunidades que xenera o software libre en tódolos ámbitos da sociedade. Asemesmo, desenrolaronse numerosas ponencias e conferencias nas que se debateu sobre a conveniencia empresarial do software libre para as pequenas empresas. “Liberar un producto propio como software libre es colocar a tu empresa en un mercado global; hay que liderar un desarrollo colectivo distribuido por todo el mundo, y contar con que ese software tendrá instalaciones en lugares en los que no habría pensado jamás”, estableceu Juan Zamoro da empresa Pulso Sistemas de Gestión. "Una de las razones para implantar software libre es la posibilidad de dominar la tecnología, y a partir de ahí, innovar tanto en procedimientos como en la forma de gestionarlos”, estableceu outro dos ponentes, Servando Saavedra de Set Informatica. Ler 0 comentarios... |
|
|