Educación
MeLiSA presentará o Software Libre no IES de Arzúa PDF Imprimir Correo-e
Venres, 11 Decembro 2009 14:55

ies arzuaO vindeiro venres, día 18 de decembro, a nosa Asociación levará a cabo unha actividade de presentación do Software Libre ante ós alumnos do ciclo superior de Administración e Finanzas.

O presidente de MeLiSA, Rafael Rodríguez, será o encargado de presentarlle ós alumnos do ciclo as vantaxes do uso do Software Libre tanto a nivel persoal como dentro dos centros educativos. O evento dará comenzo ás nove da mañá e rematará ás dez e media.

Como colectivo que loita pola difusión da alternativa que supón o uso de programas abertos e libres, consideramos prioritario o coñecemento destas ferramentas por parte do alumnado que nalgún momento terá que integrarse no mercado laboral, onde predomina o uso de ferramentas privativas.

 


Ler 0 comentarios...
 
II Xornadas de Control Automático e Robótica con Ferramentas Open Source 09 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 10 Xuño 2009 15:48

Banner II Xornadas de ControlCurso da "UNIVERSIDADE DE VERÁN 2009" da Universidade de Santiago de Compostela

(http://www.usc.es/cultura/uveran09.htm)

* Datas: 14, 15, 16 e 17 de xullo de 2009

* Prazo de matrícula: aberto ata o próximo 3 de xullo de 2009

* Número de prazas: 50 prazas, por orde de inscripción


Os sistemas de control automático e os sistemas autónomos permiten automatizar unha gran cantidade de procesos industriais e domóticos. Aínda que no mercado existen múltiples alternativas, propoñemos unha introdución ás solucións baseadas en deseños libres que, ademais de ser completamente funcionais, facilitan a súa introdución nas PEMES e no ensino.
O obxectivo principal destas xornadas é dotar ó alumno cun coñecemento básico no control automático e nos rudimentos básicos da robótica con microcontroladores, empregando en todo momento licenzas libres. No curso presentarase de forma práctica tanto o uso de hardware libre Arduino, como as ferramentas de programación necesarias e dispoñibles en GNU/Linux. Haberá tamén conferencias sobre robótica e obradoiros nos que se programará un minirobot móbil autónomo. As xornadas consistirán nun 33% de exposición teórica, nun 25% de exposición interactiva e nun 42% de prácticas sobre hardware. Para o maior aproveitamento deste curso, o único prerequisito son coñecementos básicos dunha linguaxe de programación estruturada.
Grazas ó apoio da Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela, estás xornadas serán recoñecidas como Curso de Verán da USC. Os/as asistentes terán dereito a un diploma no que constarán o título do curso, o número de horas e a asistencia. Para os/as estudantes da USC, este curso será recoñecible como 2 créditos de libre configuración.

Cartel: http://www.dec.usc.es/xcarfos/material/p_cartel_xcarfos09.png

(http://www.dec.usc.es/xcarfos/)


Ler 0 comentarios...
 
Manifesto a prol do Software Libre no ensino primario PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 10 Maio 2009 11:03

A comunidade galega do Software Libre (GUGL's, asociacións, grupos de tradución, particulares, etc.) ven de publicar un manifesto para mostrar a nosa postura ante a posibilidade de que o goberno central leve a cabo a proposta de dotar a cada alumno de primaria cun portátil dotado de software privativo.

Agradecemos a todas aquelas persoas interesadas neste tema, que fagan unha ampla difusión no seu entorno para que se coñeza a realidade en torno a esta cuestión.

Durante as últimas xornadas houbo moito movemento ó longo da rede e atoparedes diversos documentos tratando este tema. Deixamos aquí algúns deles:

www.labitacoradeltigre.com

www.hispalinux.es

Blog de Jordi Adell

 


Ler 0 comentarios...
 
O goberno español pasa do Software Libre na educación PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 03 Maio 2009 12:07

Está claro que no mundo do Software Libre non podemos disfrutar das boas novas durante moito tempo. Si fai uns días nos enteramos de que éramos o segundo país na implantación de Software Libre, agora o goberno español nos sorprende cunha suposta intención de dotar a ós alumnos de primaria dun mini-pc con software de Microsoft presintalado.Tux na aula

Estamos a falar de nada menos que 2,6 millóns de escolares, e tendo en conta un gasto de 60 euros por equipo en concepto de licenzas de Windows e Office, danos un resultado dun gasto duns 100 millóns de euros. Agora si consideramos que a opción de GNU/Linux tería un custo de cero, cero euros (si, cero patatero), non acabamos de entender cal será o criterio aplicable para tomar unha ou outra decisión.

Dende Melisa, apoiamos a actitude levada a cabo por Hispalinux, á hora de censurar dita proposta do goberno central.

Somos conscientes de que unha acción como a plantexada conleva moitos cambios nunha aula e hai moitos factores, sobre todo humáns, que hai que romper, así como educar. Preocupanos que non se fale de formar ó profesorado, ou outras accións similares que poden facilitar o éxito da implantación da tecnoloxía nas aulas, e só nos quedemos con ratios de ordenador por alumno que só sirven para facer titulares na prensa. Estamos seguros de que moitos dos equipos acabarán abandonados nun rincón da aula ó non ser capaces de sacarlles partido e ser máis un problema que unha alternativa.

Actualización:

O GLUG galego acaba de facerse eco desta nova.

As APAS da Coruña tamén se pronuncian.


Ler 4 comentarios...