Xornada de presentación da aplicación AinfoVac PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 11 Abril 2012 17:12

Xornada AinfoVacO próximo 19 de abril, ás 12 da mañá, na Cooperativa Melisanto, terá lugar unha xornada de difusión para dar a coñecer a aplicación de xestión de explotacións agrogandeiras, AinfoVac.

A xornada será impartida por José Manuel Campos, director técnico de Ainfogra, e Rafael Rodríguez Gaioso, presidente de MeLiSA, e conta coa colaboración da Cooperativa Melisanto, ASETEM e o Concello de Melide.

O acto está dirixido a todas aquelas persoas interesadas en coñecer de primeira man as características desta aplicación informática, e especialmente aos propietarios de explotacións agrogandeiras.

AinfoVac é unha aplicación informática deseñada para a xestión dunha explotación gandeira en tódolos seus procesos productivos. Conta con módulos de facturación, xestión de compras e ventas, rexistro de animais, control xenético, control de cultivos, alimentación, vacinación, etc.

Esta aplicación distribúese baixo unha licenza libre que permite a súa utilización, copia e modificación, así como a distribución gratuita.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
Novas actividades nos centros de ensino PDF Imprimir Correo-e
Martes, 22 Novembro 2011 21:00

escolaO próximo martes, 29 de novembro, imos celebrar no IES de Melide, dúas sesións de achegamento ao software libre para os alumnos de 4ª da ESO. As sesións terán unha duración de 50 minutos, e asistirán un total de 30 alumnos, os cales poderán aclarar todas aquelas consultas que teñan acerca do uso de programas libres.

Próximamente, organizaránse outras dúas actividades, en este caso dirixidas ao equipo docente, nos centros de infantil e primaria da Martagona e Pastor Barral. O mes pasado realizouse a mesma actividade no CEIP Nº1, e nesta ocasión levaremos o software libre ata o resto de centros de primaria cos que conta Melide.

Tal e como publicamos noutras ocasións, o mundo do ensino ten moita importancia para nós, sendo un dos sectores aos que queremos dirixir o noso traballo de divulgación, co obxectivo de que as futuras xeracións poidan ter a oportunidade de decidir libremente o uso que queren facer da tecnoloxía.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
Portugal introduce o software libre nas escolas PDF Imprimir Correo-e
Luns, 31 Outubro 2011 08:48

Facémonos eco desta noticia publicada en Público (PT),  que nos enche de esperanza, porque parece que o momento económico actual pode ser unha oportunidade para que o uso do software libre sexa máis amplo.

A directiva do Ministério da Educação e Ciência portugués está dirixido a aqueles equipos máis antigos, que non soporten as novas versións de Microsoft, e que todavía se poidan seguir usando a través da instalación dunha distribución de GNU/Linux. O Ministério non quere seguir pagando unhas licenzas por utilizar aplicativos que non supoñen unha gran diferenza respecto a outros que se distribúen de forma libre.

O que está claro, é que o modelo de renovación 'programada' que defenden as empresas do software privativo ten que mudar cara algo máis racional, e de sentido común.

Agardamos que os nosos responsables políticos, educativos, etc, poidan empezar a tomar nota do acontecido en Portugal, e se den conta de que o uso das tecnoloxías nas escolas ten que xirar hacia o software libre.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
Obradoiro de achegamento ao Software Libre no CEIP Nº1 de Melide PDF Imprimir Correo-e
Venres, 21 Outubro 2011 11:49

O próximo luns, 24 de outubro, Melisa vai impartir un obradoiro de achegamento ao software libre dirixido aos profesores do CEIP Nº1 de Melide.

No programa deste obradoiro, inclúese unha breve introdución aos principios básicos que definen o software libre, así como un debate onde os asistentes poderán resolver todas aquelas dudas que teñan sobre o uso de programas libres na escola.

Esta actividade está enmarcada dentro das diferentes accións levadas a cabo pola nosa asociación dirixidas ao entorno educativo.

O profesorado é un dos colectivos prioritarios para o coñecemento do movemento do software libre, como parte responsable da transmisión de conceptos como compartir o coñecemento, ou a ética no uso do software.

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 5 de 28

La UGR en el Ranking de universidades en software libre. PortalProgramas.com

Close Windows, Open Doors

 

Votar en los Premios PortalProgramas al software libre

dfd-sticker

openstickers

Adhesivo

Movemento Asociativo

Área de socios



Cartel
A nosa mascota oficial: "a vaca Melisa" :)