O uso de software libre medra en Galicia PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 15 Setembro 2011 21:14

Como ben dicía un compañeiro nunha xuntanza en Vigo: "O uso de software libre ten moitas batallas ganadas, en realidade case todas, tan só quedan os portátiles, e cada vez menos escritorios". E non lle vou quitar razón despois de ler datos como os que aparecen no informe da Secretaría Xeral de Modernización.

A verdade é que temos que estar contentos e satisfeitos de que tanto esforzo en divulgar as múltiples vantaxes do uso de software libre, vaia dando os seus resultados. Sabemos da dificultade da tarefa, pero cada vez contamos con máis xente que está a promocionar o uso do software libre.

Ánimo a todos, e só podemos decir unha cousa: "seguimos na luta !!".

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
Xornada software libre no terceiro sector PDF Imprimir Correo-e
Luns, 12 Setembro 2011 15:28

O próximo 29 de setembro, no CNTG en Santiago de Compostela, terá lugar unha xornada de traballo para dar a coñecer diferentes ferramentas informáticas, de interese para as entidades que ofrecen servizos a colectivos desfavorecidos.

A participación nas xornadas é gratuita, previa inscrición na web www.agasol.org/eventos.

Programa da xornada:

  • 9:30-9:45 Presentación da xornada por parte da Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Dna. Mar Pereira Álvarez.
  • 9:45-10:30 ¿Que é o Software Libre? Filosofía, solucións e ventaxas. Relator: Xavier Castaño (Igalia)
  • 10:30-11:15 Tecnoloxías accesibles no centro educativo dixital. Relator: Carlos Rodríguez (Tegnix)
  • 11:15-11:40 Pausa-café
  • 11:40 -12:30 Tecnoloxías accesibles no fogar dixital. Teleasistencia en usuarios con diversidade funcional. Relator: Xurxo Cegarra (Wireless Galicia)
  • 12:30 -13:30 Mesa redonda, presentación dunha nova plataforma de traballo orientada ao terceiro sector. Participarán empresas que contan con ferramentas dirixidas ao terceiro sector e orientadas á accesibilidade.

 

Máis información:

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
10 motivos para usar software libre na empresa - Probar antes de comprar PDF Imprimir Correo-e
Venres, 19 Agosto 2011 00:00

demo10. Probar antes de comprar

Ao igual que facemos cando queremos comprar uns zapatos, seguro que a moitos empresarios lles gustaría probar o seu software antes de compralo. Pois isto é posible nas aplicacións de software libre, e o poderemos facer dunha maneira completa, é dicir, sen limitacións no seu uso, como as que soen ter as versións demo do software privativo.

Se estamos a falar de sistemas operativos, temos a opción de usar unha versión en formato LiveCD, para ver como sería a súa execución nos nosos equipos informáticos. Existen moitas distribucións de GNU/Linux que contemplan este formato, por exemplo, Ubuntu.

--

Con este último artigo chegamos ao final desta serie de publicacións coas que pretendemos aclarar algunhas das dubidas que poidan ter os empresarios para atreverse a dar o paso de integrar software libre na súa empresa. Agardamos que haxan sido de utilidade, e recordade que estamos á vosa disposición para responder ás vosas  cuestións, e que proximamente faremos actividades a prol da difusión do software libre dentro da empresa.

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
10 motivos para usar software libre na empresa - Custo PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 18 Agosto 2011 00:00

tuxeuros9. Custo

Á hora de facer números do que nos custa a nosa aplicación privativa, debemos ter en conta tamén os gastos 'colaterais'. Polo simple feito de usar aplicacións non seguras, debemos ter o noso sistema protexido con medidas adicionais, é dicir, con antivirus, devasas, antimalware, etc., que non só teñen un custo económico, senón que ao final tamén temos que sumar as posibles perdas de tempo ante fallos no sistema. Tempo, durante o cal non poderemos desenvolver a nosa actividade laboral en condicións normais.

Cando por outro lado, dispoñemos da posibilidade de usar un software que nos ofrece as vantaxes como as que vimos en anteriores artigos, e que o seu modelo está baseado nos servizos, podemos facer facilmente unha comparativa xusta para ver que tipo de software é mais axeitado para a nosa empresa.

Teña en conta que o software privativo oculta moitos custos dos que ningún vendedor lle vai a falar deles. O software privativo cústalle moito máis á empresa do que o empresario probablemente saiba.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 6 de 28

La UGR en el Ranking de universidades en software libre. PortalProgramas.com

Close Windows, Open Doors

 

Votar en los Premios PortalProgramas al software libre

dfd-sticker

openstickers

Adhesivo

Movemento Asociativo

Área de socios



Cartel
A nosa mascota oficial: "a vaca Melisa" :)