Como montar unha operadora móbil Open Source PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 04 Agosto 2011 11:24

antena_telefoniaOpenBTS é un proxecto Open Source, creado por un pequeno grupo de veteranos da industria das telecomunicacións. Foron capaces de desenvolver esta rede de telefonía móbil aberta que ten un custo de implantación moi baixo, e que permite acceder a este tipo de comunicacións cuns prezos ridículos, que se poderían situar en torno a 1,5 euros ao mes por cliente.

O explican en detalle en Engineering for Change, un blogue no que falan das prestacións de OpenBTS, que permite sustituir ás redes móbiles tradicionais cunha serie de estacións de fácil instalación.

O sistema basease nun ordenador con Linux e un dispositivo chamado Universal Software Radio Peripheral (USRP). Con estos dous elementos, crease unha sinal que é idéntica a calquera outra sinal GSM, o estándar de telefonía móbil máis popular en todo o mundo.

A partires de ahí, entra en xogo o coñecido software Asterisk, gracias ao cal podemos convertir un ordenador nunha centraliña PBX, que se encargará de enrutar as chamadas.

Aínda que montar unha operadora comercial pode ser moi complexo, sí que podería ser unha boa solución para crear redes de telefonía privadas, que serían usadas por colectivos, como forzas de seguridade, empresas privadas, administración pública, etc.

Podedes atopar máis detalles sobre este apaixonante proxecto no artigo orixinal, ou ben na súa páxina oficial.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
10 motivos para usar software libre na empresa - Liberdade PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 04 Agosto 2011 00:00

liberdade4. Liberdade

Cando unha empresa decide utilizar unha aplicación con licenza privativa, queda 'presa' das decisións comerciais e técnicas que decida o seu proveedor. Nada lle impide ao proveedor desa aplicación modificar as condicións, o prezo do soporte, as prioridades ou o calendario de actualizacións. Sempre estaremos cautivos e non teremos a liberdade de decidir o cambio hacia outro proveedor que nos ofreza mellores condicións.

Sen embargo, cando unha empresa decide utilizar software libre sempre ten o control para tomar as súas propias decisións, e facer o que queira co seu software. Ten a liberdade de poder escoller entre varios proveedores. Os cales competirán en igualdade de condicións, e os que ofrezan mellor servizo serán capaces de conseguir maior número de clientes.

A experiencia persoal lévame a coñecer casos en que usuarios se quedan sen ningún tipo de soporte cando a empresa proveedora do seu software pecha a súa actividade sen previo aviso. Nese momento é cando o usuario se da conta de que non é dono da súa aplicación, e o peor de todo, tampouco dos seus datos, un dos maiores valores que ten calquer empresa.

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
Software libre para xente cativa PDF Imprimir Correo-e
Martes, 02 Agosto 2011 00:00

Hoxe queremos presentarvos un pequeno comic que ilustra moi ben a realidade que acontece á hora de adquirir un ordenador para utilizar dentro do ámbito familiar.

Este comic  está integrada dentro do libro "Software libre para gente pequeña", que é un libro destinado a rapaces de 5 a 12 anos, con varias propostas de actividades sobre ferramentas, software e contidos libres.

O comic foi traducido a varios idiomas, por suposto, tamén ao galego. Foi feita empregando soamente software libre, básicamente usando a ferramenta de diseño Inkscape.

 

 

 

Vidas paralelas

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
10 motivos para usar software libre na empresa - Personalización PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 31 Xullo 2011 00:00

tunning

3. Personalización

Cando utilizo unha aplicación que me permite o acceso ao seu código fonte, podo cambiar parte dese código para que faga as tarefas que eu preciso. Se non teño os coñecementos, podo contratar a alguén para que o faga por min. Por suposto, non intente facer esto mesmo co software privativo !.

Desta forma podemos conseguir para a nosa empresa aquelo que nunca estivo ao alcance das pequenas empresas, que é ter unha aplicación adaptada ás nosas necesidades. Ata agora era a nosa empresa a que tiña que adpatarse á forma de traballar da aplicación privativa.

Só as grandes empresas eran capaces ata agora de soportar os custos de desenvolver unha aplicación a medida que fixera aquelo que se precisaba. Pero eso xa non é así grazas ao software libre. Calquera organización pode ter acceso a aplicacións de código aberto e solicitar un orzamento para que se fagan os cambios necesarios para que a aplicación faga aquelo que realmente necesitamos.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 8 de 28

La UGR en el Ranking de universidades en software libre. PortalProgramas.com

Close Windows, Open Doors

 

Votar en los Premios PortalProgramas al software libre

dfd-sticker

openstickers

Adhesivo

Movemento Asociativo

Área de socios



Cartel
A nosa mascota oficial: "a vaca Melisa" :)