10 motivos para usar software libre na empresa - Calidade PDF Imprimir Correo-e
Martes, 26 Xullo 2011 00:00

codigo_fonte2. Calidade

Cando un programador informático traballa para desenvolver unha aplicación, e conta coa axuda de miles de compañeiros, o resultado vai ter moita máis calidade que se ese mesmo proxecto o levan a cabo unha ducia de programadores.

Cando o traballo se fai de forma colaborativa, e todos os participantes aportan o seu coñecemento nas distintas áreas afectadas nun proxecto, a calidade do produto final será moito máis alta.

O simple feito de que o teu traballo sexa visible por calquera compañeiro, fai que te preocupes máis pola calidade do teu traballo, que se o ocultas baixo unha licenza privativa, que impide o acceso ao teu código fonte. A moitos programadores gustaríanos ver parte do código fonte dalgunha das aplicacións máis coñecidas no mundo privativo, para comprobar que a importancia de escribir un bo código non está dentro das prioridades do seu traballo.

Levado a outros sectores, seguro que moitos profesionais non se preocuparían tanto pola calidade se puidesen agochar parte do seu traballo para que os seus clientes non o puideran ver ou tocar.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
10 motivos para usar software libre na empresa PDF Imprimir Correo-e
Luns, 18 Xullo 2011 15:49

teclado_candadoCENATIC publicou fai un tempo un decálogo coas 10 razóns para que os autónomos usen software libre. Agora chéganos outro decálogo que reforza a idea de utilizar software libre na empresa.

Cando pensamos en utilizar algunha aplicación para realizar as actividades típicas de calquera empresa, podemos pensar en que a vantaxe máis importante que nos ofrecen os programas libres é o prezo de distribución, o cal pode ser moi baixo, ou incluso non existir. Pero non soe ser así, senón que hai outros factores que determinan a decisión de mudar algunha das aplicacións na nosa organización.

Nos próximos días iremos espoñendo as diferentes razóns que poden axudar a entender o porqué de usar software libre nas nosas empresas.

Imos comezar por unha que consideramos fundamental cando estamos a falar de manexar información con moito valor para o noso traballo diario: a seguridade.

1. Seguridade

Cando utilizamos unha aplicación informática, e creamos información con ela, debemos poñer a nosa atención en protexer eses datos. Si facemos uso de aplicacións que non teñen aberto o seu código, non temos a certeza de que o seu funcionamento non pon en risco os nosos datos. Fagámonos a seguinte pregunta: ¿a ausencia de informes de erro sobre o código do iPhone ou de Windows, significa que estos produtos son máis seguros? Claro que non, máis ben todo o contrario. Ocorre que as empresas propietarias desos produtos, pechan o acceso ao seu código fonte para evitar que os competidores fagan uso do mesmo. Pero desa maneira tamén impiden que centos, ou miles, de programadores poidan revisar e correxir os posibles erros que haberá nese código. No caso do software libre, cando se detectan erros no código, son reparados en cuestión de horas, porque, segundo a lei "Linus": "Ante suficientes ollos, tódolos erros son superficiais".

O software libre medra día a día facendo uso de pezas xa creadas anteriormente. É dicir, cando un programador ten que desenvolver unha aplicación complexa, e precisa dun módulo para realizar unha determinada función, pode reutilizar aquel código que xa está probado e ten a certeza de que non contén erros. Do que se trata é de non inventar a roda unha vez tras outra, como ocorre cando pechamos o noso código.

Actualmente, tódolos empregados fan uso dun navegador web para acceder aos contidos de Internet. Se facemos uso de aplicacións privativas, estamos máis expostos aos riscos que conleva o acceso a páxinas web que poden ter código malicioso. Para evitar isto, debemos facer uso de navegadores con código aberto, xa que contan con máis proteccións para evitar os ataques dende esas páxinas web externas.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
GNU/Linux contra a "obsolescencia programada" PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 07 Xullo 2011 19:59

obsolescencia_programadaA maioría de usuarios non precisamos un ordenador de gran potencia, pode chegarnos cun equipo antiguo para utilizar os programas máis comúns.

Os fabricantes de equipos informáticos recomendan o cambio de ordenador cada tres anos, aproximadamente. Esto ven provocado na súa maioría polo uso do Microsoft Windows, o cal vólvese inestable co paso do tempo, obrigando na maioría dos casos a unha reinstalación dende cero.

En cambio, o software libre, e máis en concreto GNU/Linux, son capaces de alargar a vida deses equipos que quedaron obsoletos para o uso con outros sistemas operativos.

Fonte: Diagonal

 

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
Cursos de Software Libre na USC de Verán 2011 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 06 Xullo 2011 10:22

OSL_USCDende a Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela veñen de anunciar unha serie de cursos que se celebrarán dentro da Universidade de Verán 2011.

O especial que teñen estes cursos é que agora van contar como formación permanente para o profesorado non universitario.

Os cursos ofertados son os seguintes:

 

Os interesados nos dous primeiros tedes de prazo para realizar a inscrición ata este venres, 8 de xullo.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 9 de 28

La UGR en el Ranking de universidades en software libre. PortalProgramas.com

Close Windows, Open Doors

 

Votar en los Premios PortalProgramas al software libre

dfd-sticker

openstickers

Adhesivo

Movemento Asociativo

Área de socios



Cartel
A nosa mascota oficial: "a vaca Melisa" :)