LibreOffice 3.3.3 está listo para descarga PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 16 Xuño 2011 16:25

Versión recomendada para institucións e grandes entidades.

A Document Foundation anuncia a dispoñibilidade da LibreOffice 3.3.3, unha nova edición da máis estábel versión da suite libre de produtividade de oficina, dirixida a usuarios corporativos. LibreOffice 3.3.3 xa está dispoñíbel para descarga desde o seguinte enderezo: http://www.libreoffice.org/download.

PNG - 3.2 KB

Conforme Thorsten Behrens, desenvolvedor e membro do Comité Executivo da TDF, “LibreOffice 3.3.3 resolve varios defectos e mellora a seguranza da suite, con especial énfase nas necesidades de implantación en entidades, onde a estabilidade é máis importante que funcionalidades novidosas. Esta ramificación será sostida ata finais de ano, para permitir unha transición suave e segura a LibreOffice 3.4.x.

LibreOffice 3.3.3 está dispoñíbel para Windows, MacOS X e Linux (DEB e RPM), en máis de 100 idiomas diferentes (máis de dúas veces da cobertura idiomática cos produtos privativos comparábeis). Os usuarios de LibreOffice 3.3.2 están convidados a actualizar o seu software.


Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
Guía de redes sociais para familias PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 16 Xuño 2011 08:08

CEDEC¿Como reacciono se o meu fillo recibe un correo insultante?

¿Que fan os mozos cando están conectados a internet?

Para dar resposta a este tipo de preguntas, cada vez máis frecuentes entre os pais con fillos adolescentes, o CEDEC ven de publicar unha guía para ofrecer orientacións sobre as redes sociais e o uso que os menores fan delas. A intención é dar coñecementos básicos sobre o tema, certas pautas para os educadores e unha serie de recursos útiles para docentes, pais e menores.


Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
Declaración sobre a doazón de OpenOffice á fundación Apache PDF Imprimir Correo-e
Luns, 13 Xuño 2011 14:26

Cando OpenOffice se move cara unha licenza non-copyleft, hai un substituto preparado para aquelas persoas que queren unha suite que protexa a súa liberdade: LibreOffice.

Oracle, IBM e a Fundación Apache, anunciaron a pasada semana que OpenOffice.org convertíase nun proxecto oficial de Apache. OpenOffice.org é unha peza importante de software libre, e moitos dos seus partidarios suxiren que este cambio daralles un maior control sobre o destino do proxecto. Sen embargo, os usuarios e contribuíntes, deben ter en conta que, como parte desta transición, será máis doado para os desenvolvedores de software privativo distribuír OpenOffice.org como software non libre.

Todos os proxectos Apache distribúense baixo os termos da licenza Apache. Trátase dunha licenza de software libre non-copyleft, que fai que calquera que recibe o software pode distribuílo en condicións non libres. Esta estratexia de concesión de licenzas representa un cambio significativo na política de OpenOffice.org, xa que antes o software distribuíase baixo os termos da GNU Lesser General Public License (LGPL). A cal é unha licenza copyleft débil, que se define como aquela que permite a distribución baixo condicións non libres daquel software que tan só enlaza con estes programas, pero o software afectado pola licenza LGPL, sempre debe ser posto en liberdade, xunto co seu código fonte, baixo os termos da LGPL.

Afortunadamente, hai preparada unha alternativa para a xente que quere traballar con esta suite protexendo a súa liberdade: LibreOffice. Calquera usuario que se sentira cómodo coa interface de OpenOffice.org, tamén o fará coa de LibreOffice, porque está baseado no mesmo código fonte.

Aínda que ambas opcións pasan a proba de ser software libre, recoméndase LibreOffice, porque o seu modo de traballar promove mellor a causa do software libre.

Fonte: Free Software Foundation

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
II noite Drupal & GNU/Linux PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Xuño 2011 13:51

ii_noite_drupalGalpon recolle o facho lanzado polos compañeiros da Comunidade O Zulo de Mugar2.0, e poñen en marcha a II noite drupal&gnu/linux.

 

Esta segunda edición terá lugar na "Cova dos ratos" en Vigo, o próximo 1 de xullo (venres), desde as 22:30 ata as 5:30 da madrugada, e terá como proxecto, a realización dunha proposta de mestres e varios colexios de Nafarroa (Navarra), que podedes seguir en: http://goo.gl/c36E3.

 

Nesta edición contan co apoio económico e técnico de Tegnix.

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 10 de 28

La UGR en el Ranking de universidades en software libre. PortalProgramas.com

Close Windows, Open Doors

 

Votar en los Premios PortalProgramas al software libre

dfd-sticker

openstickers

Adhesivo

Movemento Asociativo

Área de socios



Cartel
A nosa mascota oficial: "a vaca Melisa" :)