Webinars gratuítos sobre Software Libre PDF Imprimir Correo-e
Martes, 13 Novembro 2012 21:29

Xa podes disfrutar dos mellores webinars sobre sistemas, programación, apps, frameworks, etc. e todo gracias ao uso de programas libres.

Os compañeiros da Fundación Guadalux ofrecen acceso libre e gratuíto ao seu traballo co obxectivo principal de difundir o uso do software libre a nivel profesional.

Xa teñen dispoñible un primeiro webinar sobre Asterisk, e hai programados dous máis sobre Alfresco e Virtualización.

Para estar informado dos novos webinars dispoñen dun boletín ao cal podemos subscribirnos.

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
Trasno presenta Ubuntu 12.10 co galego como 14 idioma máis completo PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 21 Outubro 2012 12:35

Máis que palabras unha imaxe que di case... todo. A comunidade de galeguización de software libre de Ubuntu, O Ubuntu Galician Team que está integrado en gran medida por membros tamén de Proxecto Trasno acada o 14 lugar entre todos os idiomas do mundo en completar a máis popular distribución GNU/Linux, como resultado do seu esforzo constante e de longo prazo sen máis axudas que as achegas voluntarias dos seus membros. Pero necesitamos máis colaboración. Únete ao equipo para completar o que nos falta.

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
As licenzas libres, colaboración en CERNE [outubro 2012] PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 07 Outubro 2012 09:17

Licenzas libres


copyleftHoxe en día calquera usuario da rede convertese en autor de diverso material (artigos en blogues, fotos, vídeos, etc.), é polo tanto importante ter claros algúns conceptos acerca de como distribuír os nosos contidos na rede.
Calquera creación queda cuberta polo Convenio de Berna e pola Lei de Propiedade Intelectual dende o intre en que se crea. Polo tanto, toda obra nace cos dereitos reservados, e ninguén pode modificala, reproducila, ou mesmo disfrutar dela sen o permiso do autor. Cando publicamos a nosa obra na rede sen indicar o tipo de licenza, quedan reservar os dereitos.
As licenzas para contidos libres empregan o copyright para garantir ao receptor da obra que é o que se pode facer con ela, e que non. Aínda que pareza que se están poñendo barreiras, en realidade estanse a abrir portas de xeito coidadoso para que o receptor poida ter a seguridade legal de que non está infrinxindo ningunha lei, nin a vontade do autor.
O copyleft é un mecanismo legal que garante que unha obra unha vez publicada, e xa fora do control do autor, vai seguir a ser libre, e vaise manter a vontade orixinal coa que foi distribuída. Doutro xeito, existe para evitar que alguén se apropie da obra, cambie o tipo de licenza, ou cree un produto pechado que non ofreza os dereitos da cultura libre.
Isto último conséguese introducindo unha cláusula onde se indica que a licenza de toda obra derivada debe ser a mesma ca da obra orixinal. Estas licenzas tamén se coñecen como licenzas 'víricas'.
Creative Commons é unha organización internacional formada por especialistas en dereito de numerosos países que se adican a deseñar, e avalar un sistema de licenzas con ámbito mundial. As licenzas que propoñen fórmanse a partir de dereitos que o autor pode ir engadindo á súa obra. Por exemplo, o autor pode reservar ou liberar a atribución da obra (BY), o uso non comercial (NC), non derivados (ND), ou a redistribución baixo unha licenza compatible (SA). Na lexislación española, os dereitos morais (autoría) son irrenunciables, polo que o dereito de atribución é obrigado.

http://softwarelibre.udc.es/gl/softwarelicenses

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
Trasno outorgará a "Mención especial á promoción da lingua galega nas TIC" PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 18 Xullo 2012 14:37

trasnoA AC Proxecto Trasno outorgará a "Mención especial á promoción da lingua galega nas TIC" no Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre do 2012.

A AC Proxecto Trasno participará este ano na V edición do «Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira (PFC) con Software Libre (SwL)» outorgando a «Mención especial á promoción da lingua galega nas TIC».

Coa concesión desta mención, cun premio por valor de 800€, pretendemos incentivar o desenvolvemento de software libre orientado á creación e mellora de ferramentas para o apoio da localización de software libre ao galego.

Como se indican nas bases do premio, poden optar a esta mención aqueles proxectos:

  • que consistan no desenvolvemento de novas ferramentas de localización e tradución ou contribúan a algunha xa existente
  • que faciliten o traballo no campo da lingüística aplicada e a tradución
  • ou que melloren ou axilicen o labor de tradución e localización de software libre, especialmente ao galego

Nos proxectos con este fin valoraranse os seguintes aspectos:

  1. a inexistencia de solucións de software libre con capacidades semellantes, ou unha mellora substancial dalgunha solución xa existente
  2. o emprego de tecnoloxías libres e estándares abertos
  3. a utilidade para a localización de software e documentación libres

 

Fonte: trasno.net

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 28

La UGR en el Ranking de universidades en software libre. PortalProgramas.com

Close Windows, Open Doors

 

Votar en los Premios PortalProgramas al software libre

dfd-sticker

openstickers

Adhesivo

Movemento Asociativo

Área de socios



Cartel
A nosa mascota oficial: "a vaca Melisa" :)