LibreOffice consegue 50.000 € en oito días

libre-officeA comunidade que apoia LibreOffice acaba de facer historia, gracias ao apoio económico conseguido para poder constituirse coma Fundación. En tan só oito días, máis de 2.000 doadores de todo o mundo aportaron o capital necesario para a posta en marcha da entidade legal con sede na Alemaña.

Este capital serán os activos conxelados da Fundación, polo que non poden ser gastados, tan só os seus intereses anuais, que poderán invertirse en marketing, hardware ou infraestrutura.

Dende Melisa, como entidade que tamén colaborou na aportación, estamos moi satisfeitos que unha iniciativa baseada no Software Libre haxa alcanzado un novo éxito.

Parabéns á comunidade LibreOffice.

Be Sociable, Share!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *