MeLiSA organiza un obradoiro de Joomla! en Arzúa

Os vindeiros 13 e 14 de maio terá lugar no Telecentro de Arzúa un obradoiro de presentación do CMS Joomla!. Este xestor de contidos é un dos máis premiados nos últimos anos, e constitúe unha ferramenta moi potente para manter os contidos dunha páxina web de propósito xeral. Por exemplo, esta páxina web está construida con esta ferramenta.

Os interesados poden inscribirse enviando un correo á nosa Asociación (melisa.melide @ gmail.com), ou ben chamando directamente ó Telecentro de Arzúa (981 500 447), onde tomarán nota dos vosos datos para asistir ó obradoiro.

A asistencia é de balde, e terá unha duración de 3 horas, dende as cinco da tarde ata as oito. Quen queira pode traer o seu portátil e seguir o obradoiro dende o mesmo.

Be Sociable, Share!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *