O Software Libre, algo máis que unha moda

Entre as conclusións que se puideron sacar da última edición do MWC (Mobile World Congress), celebrado o pasado mes de febreiro en Barcelona, atopábase a aposta total que están facendo os fabricantes polas tecnoloxías basadas en software de código aberto. O soFree Runnerftware libre está de moda, é rentable e as grandes compañías o saben.

¿Pode ser éste o Cabalo de Troia que faga ganar a batalla ó código aberto frente ó todopoderoso Software Propietario? O certo é que é difícil, pero no sector do móbil xa empeza a ser algo normal o de apostar por esta tecnoloxía e incluso xa houbo intentos de crear un móbil non só con software libre, senón tamén con hardware libre.

Esto é de gran importancia xa que a tendencia xeral é que en pouco tempo non sepamos separar os conceptos teléfono móbil e Internet, e que grandes compañías do sector aposten por esta tecnoloxía pode servir de exemplo para os desenvolvedores doutros sectores. Pode que si ven a usabilidade e a rentabilidade deste tipo de software aplicado á tecnoloxía móbil, se convenzan por fin, de que o cambio pode ser posible. De que o software libre xenera emprego, e de que os beneficios que se obteñen, ademáis, quedanse no sitio onde se xeneran.

Por isto, non podemos deixar que proxectos como o OpenMoko, que pretendía crear un teléfono completamente libre que permitise ó usuario decidir cómo quería usal, se cancelen e retrasen o desenrolo dun sector que definitivamente se perfila como un proxecto de futuro do máis prometedor.

Be Sociable, Share!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *