OUSLI organiza a “I Xornada de Introdución ó Software Libre”

Os nosos colegas de OUSLI acaban de anunciar a I Xornada de Introdución ó Software Libre, que terá lugar o próximo xoves 21 de outubro, en horario de 17:00h. a 20:00h.

O lugar de celebración será a Aula Magna do edificio politécnico, no campus das Lagoas da Universidade de Vigo en Ourense.

A súa principal charla é a Install Party na cal se convida a todo o mundo que leve o seu portátil, e durante a conferencia se lle explicará e axudará a instalar Ubuntu 10.10.

A xornada ten o seguinte programa:

  • ¿Que é o Software Libre?
  • Install Party – Ubuntu 10.10
  • (Mentres instalamos) Charla do mirror.ousli.org
  • ¿Que é OUSLI, e como se pode participar?
Be Sociable, Share!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *