Premio ao mellor PFC con licenza libre

Todo estudante dalgunha das titulacións de primeiro ou segundo ciclo do Sistema Universitario Galego, que teña presentado e defendido o seu Proxecto de Fin de Carreira, cunha nota mínima de 5.0, nalgunha das convocatorias do ano académico 2012/13 ten de prazo ata o próximo 31 de outubro para poder presentar a súa candidatura.

Ademais, debe cumprir cos seguintes requisitos:

  1. Que sexa realizado cunha implementación libre de calquera linguaxe de programación.
  2. Que o software desenvolvido durante o PFC teña unha licenza libre entre as recoñecidas como tal pola Free Software Foundation ou a Open Source Initiative.

Tamén poden participar os proxectos que, cumprindo os requisitos previos, sexan realizados utilizando hardware libre.

Nesta edición o Premio ao mellor PFC con Software Libre terá unha dotación económica de  1.500€. Ademais, se o xurado o considerase adecuado, podería concederse tamén un accésit de 750€, tal e como se indica nas bases.

A Xunta de Galicia convoca este importante premio dentro das liñas de actuación para mellorar e potenciar os mecanismos de formación e difusión do Software Libre na cidadanía galega recollidas no Plan de Acción en Materia de Software Libre 2013.

Be Sociable, Share!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *