Software Libre nos gobernos

governmentEste mes compartimos dúas novas que falan do uso de software libre na administración pública:

O Goberno Británico ven de publicar o seu Manual de Deseño de Servizos Gobernamentais, no cal recomenda o uso e implementación de solucións abertas “sempre que se poida”. No caso de que non existan alternativas libres fai a seguinte recomendación: “[…] Hai que mitigar os riscos da dependencia dun único provedor, asegurándose de que existan estándares abertos para as interfaces […] e deben esixirse formatos abertos para a importación e exportación de datos”. Na sección dedicada a explicar o porqué do uso do SwL, pode lerse: “Abrindo os proxectos fan que sexan mellores. Debemos compartir o que facemos canto poidamos. Con colegas, usuarios e o mundo. Compartir código, compartir deseño, compartir ideas, compartir intencións, compartir fracasos. Cantos máis ollos se centren nun servizo, máis mellora: detéctanse erros, propóñense mellores alternativas, súbese o listón”.[http://bit.ly/15uhfcw]

No ano 2010 a rexión italiana de Piamonte aprobou unha Lei para favorecer o uso dos programas pertencentes á categoría de software libre. A elección foi recollida con entusiasmo polos partidarios do software libre, pero a Presidencia do Consello de Ministros impugnaba esta norma, pedindo que se declarara ilegal. Finalmente, o Tribunal Constitucional italiano ditaminou que a preferencia polo software libre é legal, e respecta o principio de libre competencia. A sentenza declara “Os conceptos de software libre non son nocións relativas a unha tecnoloxía determinada, marca ou produto, senón que expresan unha característica xurídica”. O Tribunal deixa claro que as normas que favorezan o uso de software libre non entran en conflito co principio de “neutralidade tecnolóxica”. Polo tanto, as empresas que desexen vender software á Administración Pública deben cumprir con esta condición.[http://bit.ly/15uhhRX]

Colaboración en CERNE.

Be Sociable, Share!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *