| Tradución |
|
|
|
| Venres, 17 Abril 2009 10:00 |
|
A tradución de software desenvolveuse en galego nos últimos 15 anos a partir do esforzo voluntario de persoas particulares, ben individualmente ben agrupados en colectivos máis ou menos formais pero nos que sempre se concibiu a tradución e galeguización como unha actividade de participación cÃvica. Se ben nun principio o uso do software en galego constituÃa unha novidade, pero tamén unha rareza extraordinaria, a medida que os voluntarios foron conseguindo galeguizar e publicitar a existencia das traducións, a demanda de galeguización dos programas tamén medrou, polo que cada vez os obxectivos da localización de software ao galego son máis ambiciosos e máis rendÃbeis porque son usados e populares. Pasamos de traducir aplicativos illados a suites de programas e de aà a sistemas operativos completos; hoxe, os usuarios galegos de informática non só queren mellores programas senón que queren poder usar un contorno de escritorio completo, de modo natural no seu idioma de elección. E tamén, a medida que se estende a cultura informática da socidade, queren usalos con liberdade e participando no seu control, polo que aumenta a tendencia a preferir o software libre, de fonte aberta. E non só os cidadáns particulares senón as empresas, as administracións, o tecido asociativo, ... A actividade de localización de Mancomún pretende asà reforzar a comunidade de tradutores para poder acadar e soster un reto tan complexo como xa imprescindÃbel. Non podemos avanzar máis sen citar expresamente a agrupacións que teñen gran parte do mérito nestes logros como a Ciberirmandade da Fala (ciberirmandade.org), Galego21 (galego.21) ou Trasno (trasno.net) nas que se constituÃron puntos de converxencia para o voluntariado lingüÃstico da tradución de software, e onde se foron afinando os criterios, a terminoloxÃa e afianzando a comunidade de tradutores. Algunhas xa non existen pero o seu lugar foi sendo ocupado por novos grupos que se crean a partir de novas plataformas como o de Ubuntu Galician Translations (https://launchpad.net/~ubuntu-l10n-gl), redes sociais como a de Facebook ou mesmo a propia comunidade de especialistas tradutores vinculados a Mancomún, o G11n, todas elas agrupacións e comunidades en rede interconectadas de modo intenso. |