Trasno outorgará a “Mención especial á promoción da lingua galega nas TIC”

trasnoA AC Proxecto Trasno outorgará a “Mención especial á promoción da lingua galega nas TIC” no Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre do 2012.

A AC Proxecto Trasno participará este ano na V edición do «Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira (PFC) con Software Libre (SwL)» outorgando a «Mención especial á promoción da lingua galega nas TIC».

Coa concesión desta mención, cun premio por valor de 800€, pretendemos incentivar o desenvolvemento de software libre orientado á creación e mellora de ferramentas para o apoio da localización de software libre ao galego.

Como se indican nas bases do premio, poden optar a esta mención aqueles proxectos:

  • que consistan no desenvolvemento de novas ferramentas de localización e tradución ou contribúan a algunha xa existente
  • que faciliten o traballo no campo da lingüística aplicada e a tradución
  • ou que melloren ou axilicen o labor de tradución e localización de software libre, especialmente ao galego

Nos proxectos con este fin valoraranse os seguintes aspectos:

  1. a inexistencia de solucións de software libre con capacidades semellantes, ou unha mellora substancial dalgunha solución xa existente
  2. o emprego de tecnoloxías libres e estándares abertos
  3. a utilidade para a localización de software e documentación libres

 

Fonte: trasno.net

 

Be Sociable, Share!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *