Últimas noticias
Guia de ferramentas para profesores PDF Imprimir Correo-e
Venres, 12 Abril 2013 10:54

Trátase dunha guía en formato de póster para docentes que lles permite comparar a funcionalidade e as vantaxes pedagóxicas dalgunhas ferramentas estándares do Moodle, cunha pequena indicación do adecuada que poida ser para a función que se pretende.

 

A idea é que se imprima esta versión en galego a modo de grande "chuleta" do Moodle para orientar aos creadores de recursos didácticos en Moodle, que é a plataforma de e-learning do sistema educativo galego.

Orixinal: http://www.cats-pyjamas.net/2010/05/moodle-tool-guide-for-teachers/

Ficheiro fonte [SVG] Guia Ferramentas Moodle

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
Festival de Instalación 13.04 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 09 Abril 2013 09:01

festivalO Festival de Instalación é un evento de divulgación do Software Libre, no cal se farán instalacións gratuítas e legais de aplicativos libres nos equipos dos participantes.

Ao mesmo tempo, levaránse a cabo diferentes presentacións de programas libres para utilizar en contornos de oficina, deseño, multimedia, internet, etc.
As persoas interesadas poden asistir ao evento co seu equipo informático, e os voluntarios de Melisa axudarán no proceso de instalación dos programas libres.
Non é obrigatorio instalar un sistema operativo GNU/Linux, tamén se poden instalar diferentes programas libres sobre o sistema operativo actual do equipo do usuario, coma por exemplo, LibreOffice, Mozilla Firefox, Gimp, Thunderbird, etc. De tódolos xeitos é recomendable realizar un respaldo de seguridade dos ficheiros persoais.


Animamos a todas aquelas persoas interesadas a que se acerquen ata a Cervexería A Fundación, o próximo 20 de abril a partir das 10 da mañá.

Máis información e consultas: melisa.melide at gmail.com

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
Software Libre nos gobernos PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 06 Abril 2013 14:53

governmentEste mes compartimos dúas novas que falan do uso de software libre na administración pública:

O Goberno Británico ven de publicar o seu Manual de Deseño de Servizos Gobernamentais, no cal recomenda o uso e implementación de solucións abertas "sempre que se poida". No caso de que non existan alternativas libres fai a seguinte recomendación: "[...] Hai que mitigar os riscos da dependencia dun único provedor, asegurándose de que existan estándares abertos para as interfaces [...] e deben esixirse formatos abertos para a importación e exportación de datos". Na sección dedicada a explicar o porqué do uso do SwL, pode lerse: "Abrindo os proxectos fan que sexan mellores. Debemos compartir o que facemos canto poidamos. Con colegas, usuarios e o mundo. Compartir código, compartir deseño, compartir ideas, compartir intencións, compartir fracasos. Cantos máis ollos se centren nun servizo, máis mellora: detéctanse erros, propóñense mellores alternativas, súbese o listón".[http://bit.ly/15uhfcw]

No ano 2010 a rexión italiana de Piamonte aprobou unha Lei para favorecer o uso dos programas pertencentes á categoría de software libre. A elección foi recollida con entusiasmo polos partidarios do software libre, pero a Presidencia do Consello de Ministros impugnaba esta norma, pedindo que se declarara ilegal. Finalmente, o Tribunal Constitucional italiano ditaminou que a preferencia polo software libre é legal, e respecta o principio de libre competencia. A sentenza declara "Os conceptos de software libre non son nocións relativas a unha tecnoloxía determinada, marca ou produto, senón que expresan unha característica xurídica". O Tribunal deixa claro que as normas que favorezan o uso de software libre non entran en conflito co principio de "neutralidade tecnolóxica". Polo tanto, as empresas que desexen vender software á Administración Pública deben cumprir con esta condición.[http://bit.ly/15uhhRX]

Colaboración en CERNE.

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
A lingua galega no software libre PDF Imprimir Correo-e
Venres, 08 Marzo 2013 08:41

lingua galegaUnha das grandes diferenzas que atopamos entre o software liberado baixo unha licenza libre, e o software privativo, é o uso do galego na interface de usuario. Froito da posibilidade de acceso e modificación do código fonte, é que multitude de voluntarios participan na tradución de software libre cara o galego.
Unha das primeiras sorpresas que atopa un usuario que se inicia no uso de ferramentas libres, é que o seu ordenador pode comunicarse con el na súa lingua, o galego. E sobre todo é unha maneira de manter vivo o idioma, ao contar coa posibilidade de utilizar ferramentas coma os correctores ortográficos, ademais de acostumarse a utilizar de xeito correcto os nomes de diferentes elementos que utilizamos a diario nos nosos equipos.
Moito do traballo feito ata o momento ten detrás a un grupo de tradutores galegos que se organizan baixo o colectivo Trasno. Creado no ano 1999, leva traducidos centos de aplicativos que usan acotío miles de usuarios, coma por exemplo,  LibreOffice, Mozilla Firefox, Ubuntu, WordPress, KDE, Gnome, etc.
As motivacións que levan a unha persoa a adicar parte do seu tempo á tradución de software son moi variadas, pero destaca en todos eles, a paixón que senten pola lingua, e por introducila nun sector que estivo (e está en parte) dominado polo inglés.
Coma sempre, dende aquí animamos a que as persoas interesadas en axudar contacten connosco, ou ben con Trasno, para poder colaborar en todo o traballo que queda por facer para que a nosa lingua siga presente nos nosos dispositivos. Calquera usuario que saiba utilizar un ordenador, e posúa coñecementos de inglés e galego, pode converterse nun voluntario. En todo caso, calquera tipo de axuda sempre é benvida cando estamos a falar de traballos colaborativos.

Colaboración en CERNE.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 13