Axenda de Richard Stallman en Galicia PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 23 Abril 2009 08:57

Presentamos a continuación a axenda de actos públicos de Richard M. Stallman durante a súa estadía en Galicia.

Día 29:

• Santiago: Relatorio na facultade de Filosofía ás 12:30 horas: "Que é o software libre?". Previamente haberá ás 10:30 horas unha charla introdutoria a Trisquel Mini por parte dos membros de Trisquel GNU/Linux, organizadores do encontro.

• Ourense: Conferencia no Ateneo, ás 20:30 h, baixo o título "Software Libre ou Software Subxugante: Quen ten o control da túa computadora?". Organiza Grupo de Usuarios de GNU/Linux de Ourense, GULO en colaboración coa empresa galega Igalia.

Día 30:

• Vigo: charlas do Máster de Software Libre Caixanova no Auditorio do Centro Cultural Caixano en Vigo (requisito de inscrición previa). Ás 16:00 horas impartirase a charla “O movemento do Software Libre” e, ás 18:45 horas, “O perigo das patentes de software”.Organizan: Caixanova e Igalia.
Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Comentarios

Disculpas, tes que facer login para insertar un comentario
 

La UGR en el Ranking de universidades en software libre. PortalProgramas.com

Close Windows, Open Doors

 

Votar en los Premios PortalProgramas al software libre

Movemento Asociativo

Cartel
A nosa mascota oficial: "a vaca Melisa" :)