|
Domingo, 07 Outubro 2012 09:17 |
Licenzas libres
Hoxe en dÃa calquera usuario da rede convertese en autor de diverso material (artigos en blogues, fotos, vÃdeos, etc.), é polo tanto importante ter claros algúns conceptos acerca de como distribuÃr os nosos contidos na rede. Calquera creación queda cuberta polo Convenio de Berna e pola Lei de Propiedade Intelectual dende o intre en que se crea. Polo tanto, toda obra nace cos dereitos reservados, e ninguén pode modificala, reproducila, ou mesmo disfrutar dela sen o permiso do autor. Cando publicamos a nosa obra na rede sen indicar o tipo de licenza, quedan reservar os dereitos. As licenzas para contidos libres empregan o copyright para garantir ao receptor da obra que é o que se pode facer con ela, e que non. AÃnda que pareza que se están poñendo barreiras, en realidade estanse a abrir portas de xeito coidadoso para que o receptor poida ter a seguridade legal de que non está infrinxindo ningunha lei, nin a vontade do autor. O copyleft é un mecanismo legal que garante que unha obra unha vez publicada, e xa fora do control do autor, vai seguir a ser libre, e vaise manter a vontade orixinal coa que foi distribuÃda. Doutro xeito, existe para evitar que alguén se apropie da obra, cambie o tipo de licenza, ou cree un produto pechado que non ofreza os dereitos da cultura libre. Isto último conséguese introducindo unha cláusula onde se indica que a licenza de toda obra derivada debe ser a mesma ca da obra orixinal. Estas licenzas tamén se coñecen como licenzas 'vÃricas'. Creative Commons é unha organización internacional formada por especialistas en dereito de numerosos paÃses que se adican a deseñar, e avalar un sistema de licenzas con ámbito mundial. As licenzas que propoñen fórmanse a partir de dereitos que o autor pode ir engadindo á súa obra. Por exemplo, o autor pode reservar ou liberar a atribución da obra (BY), o uso non comercial (NC), non derivados (ND), ou a redistribución baixo unha licenza compatible (SA). Na lexislación española, os dereitos morais (autorÃa) son irrenunciables, polo que o dereito de atribución é obrigado. http://softwarelibre.udc.es/gl/softwarelicenses
 Ler 0 comentarios... |
|
Martes, 02 Agosto 2011 00:00 |
|
Hoxe queremos presentarvos un pequeno comic que ilustra moi ben a realidade que acontece á hora de adquirir un ordenador para utilizar dentro do ámbito familiar.
Este comic está integrada dentro do libro "Software libre para gente pequeña", que é un libro destinado a rapaces de 5 a 12 anos, con varias propostas de actividades sobre ferramentas, software e contidos libres.
O comic foi traducido a varios idiomas, por suposto, tamén ao galego. Foi feita empregando soamente software libre, básicamente usando a ferramenta de diseño Inkscape.
Â
Â
Â
Vidas paralelas
 Ler 0 comentarios... |
|
Martes, 19 Abril 2011 12:06 |
|
"En el corazón de la filosofÃa de Ubuntu está la creencia de que la informática es para todos, sea cual sea su idioma. Ubuntu 11.04 es uno de los sistemas operativos más accesibles, y está totalmente traducido a 39 idiomas, con muchos otros que se están finalizando, y otros que se van añadiendo."
Parabéns a toda a comunidade galega polo traballo que veñen facendo dende fai anos, e que nos sitúa como unha das linguas máis importantes dentro do ámbito do Software Libre.
 Ler 0 comentarios... |
|
Xoves, 24 Febreiro 2011 22:38 |
|
Ante a inminente presentación do programa «Vive en galego» da SecretarÃa Xeral de Politica LingüÃstica con Microsoft, a Comunidade de Software Libre Galega quérelle achegar á cidadanÃa o seguinte comunicado para a súa redifusión:
Dende a comunidade de software libre galega queremos expresar as nosas inquedanzas e o malestar que nos produce a reedición dos acordos entre o goberno galego, a través da SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica da ConsellarÃa de Educación e Ordenación Universitaria, e a empresa Microsoft. A SXPL disponse a anunciar a dispoñibilidade dos produtos privativos desta empresa na nosa lingua galega e faino por medio dunha campaña que deu en chamar «Vive en galego».
Lonxe de nos alegrar a nova, preocúpanos que de novo un organismo público poida estar favorecendo a unha empresa que reiteradamente foi condenada pola Unión Europea  por abuso da súa posición dominante no sector e que ten uns ingresos netos anuais da orde de miles de millóns de euros. Descoñecemos os detalles económicos da colaboración entre a SXPL e Microsoft mais sospeitamos de que existe un apoio financeiro ou unha contrapartida que beneficia á dita empresa. Por iso demandamos que se fagan totalmente públicos os acordos acadados entre as dúas partes para que cada contribuÃnte galego saiba en que medida os seus impostos van destinados a favorecer a Microsoft.
Estamos convencidos de que os dous millóns e medio de galegos son un motivo suficiente para que unha empresa cos beneficios netos de Microsoft financie autonomamente a localización dos seus produtos en galego sen precisaren de apoio institucional ningún. SerÃa verdadeiramente lamentable coñecer que se malgastan fondos públicos neste tipo de colaboracións.
Se os houber, eses recursos públicos irÃan mellor empregados na promoción do sector do software libre galego, que xa fornece dende hai máis de dez anos produtos de alta calidade totalmente galeguizados. Apoiar ao tecido do software libre galego permitirÃa  dar un pulo a un sector TIC propio e puxante que xerarÃa aÃnda máis recursos e empregos na nosa comunidade do que xa o fai actualmente. Mais lonxe disto o goberno ignora o seu discurso de austeridade e parece disposto a favorecer a grandes empresas estranxeiras que non só deixan beneficios fóra do noso territorio senón que se opoñen frontalmente ao software libre, violan os principios de libre competitividade e néganse á adaptación aos estándares internacionais dos formatos.
Na comunidade galega de software libre fomos quen, co moi escaso apoio institucional prestado durante todos estes anos, de conseguir verdadeiros fitos grazas ao esforzo individual de cada voluntario que altruistamente e anonimamente prestaron e prestan o seu tempo e dedicación ao desenvolvemento, galeguización e difusión de software libre. Grazas a este esforzo colectivo hoxe cada galega e galego ten á súa disposición solucións informáticas completas e de calidade na súa lingua, coa seguridade de que as poden obter libremente sen restricións de ningún tipo. Nós xa vivimos en galego tamén as novas tecnoloxÃas.
Asinan: A.C. para a Galeguización de Software Libre Proxecto Trasno Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (Melisa) Asociación de Usuarios de GNU/Linux «Inestable.org» Asociación Comunidade O Zulo Grupo Asociado pola Libre Información e a TecnoloxÃa (Galite) Asociación de Usuarios GNIX (AGNIX) Grupo de amigos de Linux de Pontevedra (Galpon)
Ler 0 comentarios... |
|
|