Usuarios
Melisa organiza un curso de fotografía 'libre' PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 28 Outubro 2010 00:10

gimpMelisa vai celebrar ata finais de ano un curso presencial de fotografía dixital empregando ferramentas libres.

O contido do curso é o seguinte:

  • Iniciación á fotografía dixital
  • Iniciación ó retoque fotográfico con software libre

 

Tamén se farán saídas de campo polo arredores de Melide, para pór en práctica o aprendido en clase.

Calendario:

  • novembro - 6, 13, 20 e 27
  • decembro - 4, 11 e 18

 

Horario: 10:30 - 13:30 (sábados)

Lugar: Cervexería A Fundación en Melide.

O curso estará limitado a un máximo de 12 persoas, e a inscrición é gratuita. Os interesados poden enviar un correo ó enderezo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , indicando nome e apelidos, teléfono e localidade.

--

Esta actividade conta co finanicamento da Xunta de Galicia a través do Convenio de Colaboración das Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galcia.


Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
Galpon organiza un curso de administración avanzada de sistemas informáticos PDF Imprimir Correo-e
Martes, 19 Outubro 2010 15:07

Cun carácter eminentemente práctico, GALPon vai impartir un curso de Administración de sistemas, onde se desenvolverán todas as materias precisas para a construción e posterior configuración dun servidor web.

As aulas terán lugar os días 2 e 8 de novembro de 16:00 a 20:00 horas na aula T214, na Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións, Campus de Marcosende, en Vigo.

O curso está exento de taxas de inscrición.

Máis información no wiki de GALPon.

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
OUSLI organiza a "I Xornada de Introdución ó Software Libre" PDF Imprimir Correo-e
Luns, 18 Outubro 2010 16:23

Os nosos colegas de OUSLI acaban de anunciar a I Xornada de Introdución ó Software Libre, que terá lugar o próximo xoves 21 de outubro, en horario de 17:00h. a 20:00h.

O lugar de celebración será a Aula Magna do edificio politécnico, no campus das Lagoas da Universidade de Vigo en Ourense.

A súa principal charla é a Install Party na cal se convida a todo o mundo que leve o seu portátil, e durante a conferencia se lle explicará e axudará a instalar Ubuntu 10.10.

A xornada ten o seguinte programa:

  • ¿Que é o Software Libre?
  • Install Party - Ubuntu 10.10
  • (Mentres instalamos) Charla do mirror.ousli.org
  • ¿Que é OUSLI, e como se pode participar?
Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
Trasnada '10, primeiro festival de tradución de software libre PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 13 Outubro 2010 10:00

Os trasnegos van celebrar a Trasnada '10, na vila de Ordes o próximo 16 de outubro, a partir das 11 da mañá. Colabora no evento AC Inestable.

Será un evento de mellora, colaboración, debate de procesos e proxectos de localización de aplicativos libres ao Galego. Con apoio particular a aquelas persoas sen experiencia previa na localización.

 

Máis información na wiki de Trasno Hackfest.

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 8