| O Software Libre, algo máis que unha moda |
|
|
|
| Martes, 28 Abril 2009 08:35 |
|
Entre as conclusións que se puideron sacar da última edición do MWC (Mobile World Congress), celebrado o pasado mes de febreiro en Barcelona, atopábase a aposta total que están facendo os fabricantes polas tecnoloxÃas basadas en software de código aberto. O so ¿Pode ser éste o Cabalo de Troia que faga ganar a batalla ó código aberto frente ó todopoderoso Software Propietario? O certo é que é difÃcil, pero no sector do móbil xa empeza a ser algo normal o de apostar por esta tecnoloxÃa e incluso xa houbo intentos de crear un móbil non só con software libre, senón tamén con hardware libre. Esto é de gran importancia xa que a tendencia xeral é que en pouco tempo non sepamos separar os conceptos teléfono móbil e Internet, e que grandes compañÃas do sector aposten por esta tecnoloxÃa pode servir de exemplo para os desenvolvedores doutros sectores. Pode que si ven a usabilidade e a rentabilidade deste tipo de software aplicado á tecnoloxÃa móbil, se convenzan por fin, de que o cambio pode ser posible. De que o software libre xenera emprego, e de que os beneficios que se obteñen, ademáis, quedanse no sitio onde se xeneran. Por isto, non podemos deixar que proxectos como o OpenMoko, que pretendÃa crear un teléfono completamente libre que permitise ó usuario decidir cómo querÃa usal, se cancelen e retrasen o desenrolo dun sector que definitivamente se perfila como un proxecto de futuro do máis prometedor. |
Comentarios