Xornadas de traballo para coñecer o software libre

alimentando_cultura_libre_3Melisa está a preparar unha nova actividade para dar a coñecer as vantaxes que ofrece o uso de software libre nos nosos ordenadores. Desta volta imos organizar xornadas de traballo durante as mañás dos sábados de aquí ata finais de ano, onde calquera persoa interesada poderá achegarse a resolver os seus problemas para instalar unha distribución GNU/Linux, ou para compartir as súas experiencias no uso de ferramentas libres.

A primeira xornada terá lugar o próximo sábado, 9 de novembro, no Telecentro da rede Cemit, situado no edificio multiusos, en horario de 10 a 12 da mañá. Esta primeira sesión imos adicala a ensinarlle aos asistentes a instalar Linux Mint nos seus ordenadores portátiles.

En próximas xornadas, iremos mudando os contidos, pero agora estamos a preparar un obradoiro básico de programación con linguaxes libres, para que todas aquelas persoas que posúan algún coñecemento de programación, poidan coñecer as vantaxes que ofrece o traballo con linguaxes libres, así como a posterior liberación dos seus programas informáticos.

Se estás interesado/a en participar nalgunha destas xornadas, ou queres amosar as túas experiencias, podes contactar connosco a través do enderezo melisa.melide[at]gmail.com, ou ben a través do formulario de contacto desta mesma web.

Be Sociable, Share!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *